OS CRUCEIROS MAIS SOBRANCEIROS DA COSTA DA MORTE

OS CRUCEIROS MAIS SOBRANCEIROS DA COSTA DA MORTE

Editorial:
DEPUTACION DA CORUÑA
Año de edición:
ISBN:
978-92-0-046256-6
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

7,00 €



O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom) despide o ano cunha importante actividade cultural e etnográfica. Tras celebrar hai só un mes unhas interesantes xornadas en lembranza da defensa que o cura liberal Juan Antonio Posse, nado en Laxe, fixera da Constitución de 1812, a entidade que preside Xosé María Lema Suárez regresa ao eido da publicación e a divulgación con dúas novidosas propostas elaboradas ao abeiro do programa Percorrendo vieiros da Costa da Morte, que subvenciona a Deputación da Coruña.

O propio Lema Suárez firma xunto ao historiador José María Laredo Codornié Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte, un libro no que os seus dous autores fan un percorrido por algunhas destas construcións máis destacadas ou que presentan algunha particularidade na Terra de Soneira e na parte occidental de Bergantiños. Esta obra podería ter unha continuación futura a través dun segundo volume dedicado aos cruceiros de Fisterra e dos municipios de Carnota e Mazaricos, segundo avanzaron xa os seus autores.

A outra novidade do Semescom é o documental A Romaría da Barca, un traballo de 17 minutos de duración que ten a antropólogo da localidade Manuel Vilar Álvarez como guionista e director. Nel recupera as orixes da festa muxiá, da súa lenda, e da súa repercusión, para narrar por boca dos seus protagonistas como ten cambiado co pasar dos anos e como a tradición e a devoción van deixando paso aos aspectos mías puramente lúdicos da celebración.

Sinalización en Pasarela

Con cargo tamén ao proxecto Percorrendo Vieiros da Costa da Morte, o Seminario fará mañá a presentación do cartel confeccionado para divulgar e sinalar unha ruta polos Penedos de Pasarela e Traba. A primeira localidade, situada no municipio de Vimianzo, foi o escenario escollido para colocar o indicador e para facer o acto de estreo, que dará comezo ás doce do mediodía.

La Voz de Galicia