OS DITOSOS ANOS DO CASTIGO

OS DITOSOS ANOS DO CASTIGO

Editorial:
BARBANTESA
Año de edición:
ISBN:
978-84-937330-3-2
Páginas:
100
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

14,00 €
Comprar

Narrativa
110 páxinas
14 euros
ISBN 978-84-937330-3-2
tradución de Cristina González Piñeiro
dispoñible

Fleur Jaeggy (Zürich, 1940) transcorre a súa infancia e adolescencia nunha sucesión de internados femininos entre Suíza e Roma. En 1968 instálase en Milán e publica a súa primeira novela Il dito in bocca. Agás a súa brillante incursión no teatro con Un tram che si chiama Tallulah (1975), a súa obra de creación céntrase na narrativa: L’angelo custode (1971), Le statue d’acqua (1980) e La paura del cielo (1994). A súa novela Proleterka (2001) é premiada co galardón Viareggio 2002 e elixida o libro do ano por Susan Sontag nas páxinas do Times Literary Supplement en 2003. Jaeggy combina a súa actividade literaria con traducións e estudos sobre John Keats, Marcel Schwob e Thomas De Quincey, a cuxos retratos consacra a súa obra máis recente, Vite congetturali (2009). Na súa produción apréciase tamén a influencia de autores como Robert Walser, Ingeborg Bachmann e Thomas Bernhardt, así como a pegada da literatura mística e sapiencial de Occidente e Oriente, especialmente do mestre Eckhart, e Zhuang Zi.

No Bausler Institut, internado feminino situado no cantón suízo de Appenzell, pasa a protagonista desta historia a súa infancia e parte da súa xuventude. A aquel ambiente represivo e enfermizo chega un día Frédérique, unha rapaza diferente que a atrae e a desconcerta. Fleur Jaeggy asómanos á ventá dese lugar estraño cunha prosa lacónica, que cala e suxire, e que nos atrapa nesta historia de erotismo velado, sentimentos calados, soidade e loucura.
Os ditosos anos do castigo (1989) recibiu o prestixioso Premio Bagutta en 1990 e é a primeira obra de Jaeggy vertida ao galego