OS ESTADOS E IMOPERIOS DA LÚA

OS ESTADOS E IMOPERIOS DA LÚA. EN VIDA DE CYRANO XA TIÑA CIRCULADO ANTES DE 1650 UNHA VERSIÓN MANUSCRITA, MAIS OS TEXTOS ORIXINAIS DESAPARECERON E NON FOI SENÓN POSTUMAMENTE, EN 165

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
Materia
CONSULTA
ISBN:
978-84-17388-32-4
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

15,00 €
Comprar

TRADUCIÓN DO FRANCÉS, INTRODUCIÓN E NOTAS DE HENRIQUE HARGUINDEY BANET

Os Estados e Imperios da Lúa é considerada como a primeira obra do xénero literario de ciencia ficción, xunto con Os Estados e Imperios do Sol, do mesmo autor. Nesta obra relátanse varias formas de chegar á Lúa, habitada por seres humanos de doce pés que andan a catro patas e miran cara abaixo. Ao ver a Cyrano, narrador e protagonista, os selenitas confúdeno cunha avestruz.

A obra está inzada de disertacións sobre o universo, a materia, os sentidos e a ética, a través das cales Cyrano fustriga os vicios da súa época e toma partido polas concepcións máis avanzadas da ciencia e da filosofía. A obra permaneceu censurada pola Igrexa durante dous séculos.

Non coñecemos a data exacta de composición de Os Estados e Imperios da Lúa. Parece que en vida de Cyrano xa tiña circulado antes de 1650 unha versión manuscrita, mais os textos orixinais desapareceron e non foi senón postumamente, en 1657, cando se publica a primeira edición, censurada e retocada, que será a que impere durante séculos. O mesmo aconteceu con Os Estados e Imperios do Sol, que o autor deixou sen rematar e que foi publicada por primeira vez en 1662. A localización de varios manuscritos de Os Estados e Imperios da Lúa a partir do século XIX posibilitou que se avanzase grandemente na restitución do texto do autor.


Esta obra recibiu unha axuda da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2019.

ISBN: 978-84-17388-32-4
Nº páxinas: 128
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 145 x 220 mm

Otros libros del autor