OS OLLOS DA PONTE

OS OLLOS DA PONTE

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9782-244-2
Páginas:
352
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

24,95 €

Con "Os ollos da ponte", segunda entrega da futura triloxía "Vidas de infancia", Ramiro Fonte volve reconstruír meticulosamente un espazo físico e moral, a vila de Pontedeume nos últimos sesenta, desenvolvendo cumpridos panoramas sociais, ao estilo das novelas do XIX. A diferenza do primeiro volume, "Os meus ollos" (Xerais 2003), nesta reflexión sobre a recuperación da infancia, a vida familiar cede o protagonismo ao ámbito da escola pública, que vincula todos os episodios da existencia do rapaz. Escrita con elegancia a pesar do sensible da materia, na que están implicadas as vidas de persoas reais, a novela é un modelo de exactas e virtuosas descricións, formuladas por medio dun humorismo benévolo e unha emoción serena. Así mesmo, "Os ollos da ponte" constitúe un ensaio sobre a temporalidade dos seres e da novela como arte temporal, na que as diversas técnicas narrativas se poñen ao servizo dunha obra que constantemente vai creando a súa propia arquitectura e reinventándose a si mesma. Un relato no que Ramiro Fonte explora os límites entre a ficción e a verdade da escritura literaria mediante a descrición dunha estensa galería de tipos humanos, proxectando un século enteiro de vida dun prototipo de vila galega. Pola súa riqueza en nostalxias que a todos nos vinculan e polo seu alto ton narrativo, que afouta as nosas capacidades sensoriais, aparenta un confeite mesmo nas mans do lector desavezado e confirma a busca por parte do autor dun gran estilo para a prosa galega baseado na humildade, na sinxeleza e no diáfano.

Otros libros del autor

  • AS PONTES NO CEO
    Titulo del libro
    AS PONTES NO CEO
    FONTE, RAMIRO
    Con As pontes no ceo péchase a monumental triloxía «Vidas de infancia» que Ramiro Fonte decidiu emprender para recon...
    Descatalogado

    26,95 €

  • OS LEOPARDOS DA LÚA
    Titulo del libro
    OS LEOPARDOS DA LÚA
    FONTE, RAMIRO
    En Santiago de Compostela, nos derradeiros anos do franquismo, unha xeración contempla, entre a impotencia e o cinis...
    Disponible en 5 días

    23,90 €

  • LUZ DO MEDIODÍA
    Titulo del libro
    LUZ DO MEDIODÍA
    FONTE, RAMIRO
    Disponible en 5 días

    16,00 €

  • MÍNIMA MORALIDADE
    Titulo del libro
    MÍNIMA MORALIDADE
    FONTE, RAMIRO
    Disponible en 5 días

    7,00 €

  • CAPITÁN INVIERNO
    Titulo del libro
    CAPITÁN INVIERNO
    FONTE, RAMIRO
    Disponible en 5 días

    17,00 €