280 páx.(150x210 mm.)
Esta obra é o resultado dunha profunda e coidada escolma de poesía relixiosa a través de diversos e recoñecidos escritores en lingua galega que abranguen desde a época medieval (Afonso X o Sabio, Airas Nunes, Pai Gómez Chariño, Camões…), até os nosos días (Manuel María, Helena Villar Janeiro, Arcadio López Casanova, Xosé Lois García,…); pasando por clásicos de séculos pasados como Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Antonio Noriega Varela, Ramón Cabanillas, Luís Pimentel ou Álvaro Cunqueiro entre outros moitos máis. O punto en común sobre o que se artellan todos os poemas é a súa relixiosidade.