TRADUCIÓN DO FRANCÉS DE MOISÉS BARCIA
Féléor Barthélémy Rü posúe unha inmensa fortuna e un desexo desmedido pola carne crúa e a brutalidade. Recréase nestes praceres xunto coas súas esposas e vítimas, que lonxe de fuxir do ogro, acoden a el por propia vontade, dispostas a deixarse levar polas máis escuras fantasías. Estas sete mulleres explican nos seus diarios quen son e por que se entregan a el.
Nesta obra, Audrée Wilhelmy reimaxina o personaxe clásico do ogro Barba Azul, e faino a través da mirada das súas mulleres: Mercredi, Constance, Abigaëlle, Frida, Phélie, Lottä e Marie, que escriben sete pequenos cadernos íntimos nos que relatan as súas experiencias con Féléor. Este decide reunilos
e anotalos en memoria das súas esposas.