PAPAVENTOS

PAPAVENTOS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-8302-617-5
Páginas:
200
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

20,50 €
Comprar

En Papaventos, Xavier Queipo transpórtanos desde as douradas praias de California ó País da Brétema, pasando por Chicago, a cidade onde o protagonista coñecera o frío e a felicidade, o amor e a estabilidade emocional. A historia de Papaventos ten a súa orixe na morte de Giovanni Portiero, traductor de José Saramago ó inglés. Portiero morreu cego, logo dunha longa enfermidade incapacitante e ó pouco de rematar a traducción de Ensaio sobre a Cegueira. Saramago contoullo, totalmente abraiado, a Donzelina Barroso, nunha entrevista que lle concedeu para a revista literaria The Paris Review, editada en Nova York no inverno de 1998, logo de recibir o Premio Nobel. Xavier Queipo quere "que ninguén procure outra semellanza. Agás esta anécdota, que dá orixe ó conflicto da novela, o resto da trama, é ficción. Por respecto a Portiero. Por respecto a Saramago. Por respecto a quen lea esta novela".
A partir, pois, desta anécdota real Queipo ensarilla unha historia que narra a desposesión da luz, a privación da seguridade que ofrece a percepción dun mundo de coordenadas coñecidas, para se mergullar na loita interior dun personaxe enfrontado coa fatalidade.
Papaventos é unha novela de amor e confusión, de busca e desposesión dos sentidos, unha viaxe iniciática, unha procura constante da iluminación e do equilibrio.

Otros libros del autor

  • ALGORIMOS
    Titulo del libro
    ALGORIMOS
    QUEIPO, XAVIER
    Nestes Algoritmos non hai trama, senón unha variada galería de personaxes, lecturas e rememoracións, máis ben preten...
    RECÍBELO EN 72H

    17,00 €

  • FINAL FELIZ
    Titulo del libro
    FINAL FELIZ
    QUEIPO, XAVIER
    Os de «Final feliz» son relatos en carne viva, un mando de historias para espertar conciencias ou establecer a ponte...
    RECÍBELO EN 72H

    17,95 €

  • O PASO DO NOROESTE
    Titulo del libro
    O PASO DO NOROESTE
    QUEIPO, XAVIER
    EDICIÓN CONMEMORATIVA DO XXV ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓNNas vésperas da Revolución francesa, a finais do século XVIII...
    RECÍBELO EN 72H

    21,90 €

  • CORAZÓN DE MANTEIGA
    Titulo del libro
    CORAZÓN DE MANTEIGA
    QUEIPO, XAVIER
    inzada de soños, vive logo unha mocidade de dúbidas e desterro interior para, ao cabo, iniciar a madureza cunha espi...
    Disponible en 5 días

    18,50 €

  • OS KOWA
    Titulo del libro
    OS KOWA
    QUEIPO, XAVIER
    Velaquí unha novela de aventruas que comeza en Europa (Bruxelas, Compostea, Copenhague) para continuar co pano de fo...
    RECÍBELO EN 72H

    20,90 €