PARA CANTAR VEÑO EU UNHA VIAXE POLA CULTURA MUSICA

PARA CANTAR VEÑO EU UNHA VIAXE POLA CULTURA MUSICA. UNHA VIAXE POLA CULTURA MUSICAL GALEGA DA MAN DOS CHISCOS

Editorial:
SAGA
Año de edición:
Materia
MÚSICA
ISBN:
978-84-615-4507-0
Páginas:
275
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

18,00 €

Para cantar veño eu!
Empregando como fío condutor o labor que a asociación cultural e grupo de música tradicional Os Chichisos leva a cabo dende hai case dúas décadas, o autor ofrécenos nesta obra un compendio de apuntamentos etnográficos sinxelos e concisos en torno ó universo da música popular galega e das súas diferentes expresións e manifestacións. Un percorrido polos instrumentos tradicionais, os ritmos e os bailes, as festas do ciclo do ano e as tradicións musicais a elas asociadas, a ancestral linguaxe das campás, os cantos de berce e moitas outras dimensións do noso folclore que irán desfilando polas páxinas deste libro para achegarlle á xente nova e ó neófito do noso folclore o rico e variado tesouro da música tradicional galega. “Para cantar veño eu” complétase cunha amena unidade didáctica que inclúe os exercicios e as prácticas necesarias para que a xente máis nova practique, comprenda e asimile os diferentes contidos deste traballo. Para cantar veño eu! é unha obra de Rafael Quintía, antropólogo, economista e membro fundador da Sociedade Antropolóxica Galega.


Rafael Quintía Pereira
Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural
Licenciado en Ciencias Empresariais
Rafael Quintía Pereira. Nado en Vigo no ano 1971. Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, Licenciado en Ciencias Empresariais, escritor e músico tradicional.
É membro fundador da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca e da formación de música tradicional e asociación cultural Os Chichisos.
É autor dos seguintes ensaios:
• Deuses, Mitos e Ritos do Monte do Seixo. Unha proposta interpretativa en clave céltica. (2010)
• A Nosa señora da Lanzada. Antropología de un santuario costero (2011)
Así como de diversos artigos etnográficos publicados en distintas revistas. Colaborou tamén no libro Monte do Seixo, reivindicación da Montaña Máxica (2007), do escritor Calros Solla.
Gañou o premio de investigación Luis Cuadrado 2010 polo seu traballo A Nosa Señora da Lanzada. Estudio antropológico de un santuario marítimo.
Dirixe a publicación Fol de Veleno. Revista de historia e etnografía de Galiza, herdeira do fanzine Fol de Veleno que fundou no ano 2006.
É co-director do documental Monte do Seixo, a Montaña Máxica (2009), co-director e co-guionista do documental Sete Camiños, encrucillada do tempo (2011) e director e guionista do documental Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo (2011).
No eido musical cabe salienta-los seus traballos de composición. É autor da banda sonora da curtametraxe A Fenda (1996) e do documental Sete Camiños. Encrucillada do tempo (2011). Tamén compuxo, xunto a João Bieites, a banda sonora dos documentais Monte do Seixo. A Montaña Máxica (2009), A loita pola luz (2010) e Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo (2011).
Musicalizou catro poemas incluidos no poemario Pan prós cocrodilos (2010) do escritor Calros Solla.
Foi membro fundador do grupo de rock Cromlech (1991). En 1994, xunto con Cesar Martínez, Toño Vázquez e Paco Sutil forma o grupo de música tradicional Os Chichisos. Entre os anos 2004 e 2006 formou parte do grupo folk Rabisaco. Actualmente compaxina a súa actividade musical como músico de Os Chichisos cos seus traballos de composición.

Os Chichisos

O grupo de música tradicional Os Chichisos tivo o seu xermolo no 1992 cando un grupo de amigos con inquedanzas musicais, e movidos polo seu interese na conservación e difusión da nosa tradición musical, se xuntaron para profundizar no coñecemento e na aprendizaxe da música popular galega. Foi neses primeiros anos dos 90 cando Paco Sutil, Toño Vázquez, Cesar Martínez e Rafael Quintía decidiron forma-los Chichisos, recuperando o nome co que César bautizara aquela formación que fundara uns anos antes en compaña de Toño e do bombeiro Manuel Fidalgo. Os novos Chichisos actuaron como tales por primeira vez un 24 de abril de 1994 na Festa do Garavanzo organizada pola asociación veciñal Pedra do lagarto na Eiriña, Pontevedra.
Pero definitivamente, sería no ano 2000, coa entrada na formación de Xosé Feijoo ó bombo e de Rosalía Rodríguez á gaita, e no 2002 coa incorporación de João Bieites á gaita e Ana Llevot á pandeireta, cando realmente arranca a carreira musical da formación e se comeza a traballar intensamente na recuperación e divulgación do noso acerbo cultural. Dende ese ano son múltiples as súas colaboracións en diferentes ámbitos da vida cultural de Pontevedra, así como innumerables son as actuacións que Os Chichisos veñen realizando por todo o territorio galego e incluso en Irlanda, onde participaron no “NYAH County Cavan Arts Festival 2005”. No ano 2007, e para poder darlle un pulo ó seu labor divulgativo, constitúense como asociación cultural e incorpóranse á formación Conchi Pereiro como pandeireteira. No ano 2008 pasan a formar parte do grupo e da asociación Belén como pandeireteira e José Carlos como gaiteiro e acordeonista. No ano 2009 a pandereteira Ana Llevot deixa a formación e incorpórase Santiago Camarero como frautista e pandereteiro. Sendo esta a formación actual do grupo.
Se hai dous aspectos que caracterizan os Chichisos son o seu espírito festivo e lúdico e o seu compromiso coa realidade social e cultural da súa cidade e do seu país. Poderiamos resumi-la actividade dos Chichisos ó longo destes anos en catro puntos básicos ou campos de actuación, cítese: divulgación e actividades didácticas, recuperación de tradicións, compromiso social e a festa e goce coa música popular galega

www.ghataspista.com

Otros libros del autor