PERIFERIA

PERIFERIA. PREMIO XERAIS DE NOVELA, 2010

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9914-170-1
Páginas:
504
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

26,50 €
Comprar

Luciana e Brown unen os seus destinos, marcados polo amor, o narcotráfico e a violencia, nos límites dunha das favelas de Sao Paulo. Alí na periferia desordenada da megalópole transcorre esta historia, escrita ao ritmo do rap, na que se esculcan os ingredientes da vida urbana no século XXI.

O xurado do Premio Xerais 2010 no ditame que elaborou sobre Periferia, a novela de Iolanda Zúñiga que resultou gañadora, sinalou que «partir dun argumento moi sinxelo e botando man dun sutil fío narrativo, a autoría deste texto creou un universo narrativo contundente, denso, moderno e actualísimo co que se atreveu a construír unha novela do século XXI, ano 2010, poñendo cargas de dinamita nos piares da nosa propia concepción do que debe ser unha novela.»

Novela polifónica, con constantes referencias á cultura popular, á cultura de masas, á música, aos medios, á publicidade, ao cine, ao fútbol, está tecida cunha mestura de textos tipicamente postmoderna. A xuízo do xurado, «Periferia constitúe unha achega necesaria á renovación da narrativa galega a través dunha concepción potente e nítida de cal debe ser unha forma de narrar para o tempo actual. Un relato compacto, tamén mesto, extenso e verdadeiramente fascinante, cun enorme poder de seducción.»

Otros libros del autor

  • VIDAS POST-IT
    Titulo del libro
    VIDAS POST-IT
    ZÚÑIGA, IOLANDA
    Os relatos de Vidas post-it, que tiveron unha excelente acollida por parte da crítica e, sobre todo, dos lectores, c...
    RECÍBELO EN 48H

    19,95 €

  • AMOR AMÉN
    Titulo del libro
    AMOR AMÉN
    ZÚÑIGA, IOLANDA
    Na ruindade a pé do asfalto, na vida deshabitada a pé da rúa, pálpase o medo á soidade, ao abandono, ao engano. Cand...
    Descatalogado

    16,95 €

  • PERIFERIA
    Titulo del libro
    PERIFERIA
    ZÚÑIGA, IOLANDA
    PREVENTA (recíbelo cuando se publique)

    9,99 €