PETROGLIFOS DE GALICIA

PETROGLIFOS DE GALICIA. GRAN OFERTA BAJADA DE PRECIO EDICIONS A NOSA TERRA ANTONIO DE LA PENA

Editorial:
A NOSA TERRA
Año de edición:
ISBN:
978-84-8341-331-9
Páginas:
332
Encuadernación:
CARTONÉ
Colección:
PROMOCICULTU
Disponibilidad:
Agotado

25,00 €

Sinopse
Durante meses de traballo e baixo a dirección científica de De la Peña Santos, o fotógrafo Xulio Gil percorreu Galicia fotografando profesionalmente os máis reseñábeis petróglifos.
O resultado é un traballo de enorme calidade plástica que sitúa a súa posterior plasmación editorial nun lugar inédito e nunca abordado pola complexidade de localizacións e calidade de fotografía.
Galicia ten unha arte rupestre plasmada sobre a superficie dos penedos de granito e en máis de dous milleiros de penedos. Unha manifestación que utiliza un repertorio de figuras e de signos relativamente amplo e que se plasma sempre tendo en conta iconografías específicas.
Unha peculiar forma de arte, vista no seu conxunto, conforma un foco espectacular na Europa Atlántica e que, inxustamente, aínda é pouco coñecida e valorada. Moi poucas son as culturas humanas que non deixaron testemuñas do seu paso pola Historia en forma de gravados ou de pinturas sobre rochas ao aire libre mais no caso de Galicia convértese nunha aportación única entendida como un sinal de identidade que nos pon en valor no contexto da arte internacional. Da estreita colaboración entre o arqueólogo De la Peña e o fotógrafo Xulio Gil nace esta obra destinada a converterse na máis rigorosa referencia visual dos petróglifos galegos no panorama editorial mundial.
Un amplo número de investigadores de diversa procedencia, encabezados por Antonio de la Peña Santos, leva décadas dedicados ao estudo dos petróglifos e engadindo escalóns á escada do coñecemento sobre eles. Aínda así, hoxe por hoxe, non existe un traballo fotográfico de referencia e calidade sobre os gravados rupestres que recolla con rigor gráfico un dos sinais de identidade máis fortes e diferenciais de Galicia. As máis das veces as reproduccións de petróglifos foi reservada a fotografías de campo realizadas polos mesmos arqueólogos sen que estás cumpriran os requisitos precisos para a calidade dunha posterior reproducción editorial.