PINGUEIRAS E TARTEIRAS

PINGUEIRAS E TARTEIRAS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
TEATRO
ISBN:
978-84-9914-003-2
Páginas:
80
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

17,50 €
Comprar

No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras. Pero un día chegan pola porta os catro membros do Circo do Paraugas: Chapeu Torto, o director-capitán; Culleriña, a funambulista-tripulante; Pelo Teso, o mimo-tripulante e Zapatóns, o pallaso-tripulante. Na sala do Castelo Grisallo, onde todos os días eran iguais, os membros do Circo do Paragugas coas súas brincadeira e xogos rematarán co soberano aburrimento. Pouco a pouco os membros desta compañía de circo -que outrora fora esplendorosa- daranlle cor a tanta monotonía. E farán que a mesma choiva soe a música: a música das pingueiras nas tarteiras.
Pingueiras e tarteiras de Teresa González Costa, a peza gañadora do IIIº Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, foi definida no ditame do xurado como unha " apoloxía da ledicia e da fantasía que ofrece unha visión atípica e desmitificadora de personaxes arquetípicos". Unha obra que recorre a xogos de palabras para contar como a chegada dunha compañía de circo cambia a vida gris dun castelo. Esta primeira edición de Xerais e AGADIC foi ilustrada por Rodrigo Chao.

Otros libros del autor

  • UNHA ABELLA MÁXICA NO CAMIÑO
    Titulo del libro
    UNHA ABELLA MÁXICA NO CAMIÑO
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Nunha encrucillada de camiños Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia de Daniel, un neno que quere ser sup...
    RECÍBELO EN 72H

    12,50 €

  • A MEMORIA DOS PAXAROS
    Titulo del libro
    A MEMORIA DOS PAXAROS
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    A aparición dun mozo inconsciente nunha reserva de aves a noite do Samaín coincide cunha serie de fenómenos estraños...
    Disponible en 5 días

    13,50 €

  • A NENA, O MONSTRO E O MAR
    Titulo del libro
    A NENA, O MONSTRO E O MAR
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a...
    RECÍBELO EN 72H

    12,50 €

  • A NOITE DAS BICICLETAS
    Titulo del libro
    A NOITE DAS BICICLETAS
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Raymond era un apaixonado da bicicleta e experto na apertura de todo tipo de cadeados. Membro dunha familia de salti...
    RECÍBELO EN 72H

    13,50 €

  • FRED QUINCALLA, O NÓMADE DO MAR
    Titulo del libro
    FRED QUINCALLA, O NÓMADE DO MAR
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Esta é unha das moitas historias de Leopolda Diéguez, fascinante narradora e facedora de artes máxicas. Viaxeira por...
    RECÍBELO EN 72H

    12,50 €