O Plumazos de Ricardo Mella foi o primeiro
título editado pola Biblioteca La Internacional que entre 1911 e 1913 tirou arredor dunha
decena de obras de pensamento obreiro sobre
temas sociais e sindicais.
Nesta recopilación de artigos editados nas páxinas de xornais como La Protesta (Bos Aires),
Acción Libertaria (Xixón) e Natura (Barcelona) durante a primeira década do século XX,
Mella aborda moitos temas candentes no momento, como o traballo libre e as tácticas libertarias, pero tamén outros que paradoxalmente
están máis de actualidade que nunca, como é
o centralismo asoballador do estado español.
Este facsímil vai acompañado do ensaio histórico “Ricardo Mella Cea: Epítome dunha topografía revolucionaria”, escrito por Iria Presa,
unha das maiores expertas na figura do anarquista vigués, que fai un bosquexo biográfico de mella naqueles anos.