POIS EU!

POIS EU!

Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
CONOCIMIENTO INFANTIL
ISBN:
978-84-9995-369-4
Páginas:
68
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

14,00 €
Comprar

Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade infantil). Co-edición con Agadic.

O xurado destacou en Pois eu! a calidade da escrita dramática, na que os monicreques son os verdadeiros protagonistas, e o tema central reflicte a súa capacidade para levar adiante unha ficción teatral mediante o xogo escénico imaxinativo e eficaz coas convencións e a súa relación tanto co personaxe que dirixe coma co público. Nunha estrutura complexa pero coherente, esta proposta metateatral artella diferentes tramas que, con gran sentido rítmico, remiten desde ao fantástico nos ecos da tradición artúrica, ata a unha sutil sátira política. A inclusión do tema da identidade de xénero foxe de didactismos e intégrase no conflito de maneira transversal. Cabe resaltar tamén, entre outros aspectos, a vontade de que resoe a lingua medieval nalgúns diálogos, os referentes á cultura popular galega de diferentes épocas e o innegable sentido do humor, tanto nas situacións coma nas réplicas.

Otros libros del autor

  • GAME OVER
    Titulo del libro
    GAME OVER
    LOSADA GALIÑÁNS, CARLOS
    Roi acende a videoconsola para botar outra partida co seu xogo favorito dende hai unhas semanas, a última versión do...
    RECÍBELO EN 72H

    17,95 €