PRISCILIANO E O PRISCILIANISMO

PRISCILIANO E O PRISCILIANISMO. DA CONDENA Á REHABILITACIÓN

Editorial:
BIBLOS
Año de edición:
Materia
RELIGIÓN Y CREENCIAS
ISBN:
978-84-15086-23-9
Páginas:
128
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 72h

15,00 €
Comprar


Arredor de Prisciliano
O bispo galego axustizado en Tréveris é o eixo dun interesante volume coordinado por Victorino Pérez Prieto e no que se nos achega á figura de Prisciliano e a todo o que o seu movimento significou para Galicia.


Capa do libro coordinado por Victoriano Pérez Prieto. Biblos


Coordinador: Victorino Pérez Prieto

Editorial: Biblos Clube de Lectores



Páxinas: 126

Milenio e medio máis tarde, a figura de Prisciliano segue a constituír todo un referente espiritual, histórico e social para @s galeg@s do século XXI. O seu pensamento e doutrina enraizaron con forza na nosa comunidade, o que explica que tanto tempo despois o seu exemplo siga a espertar interese.

Sabedor desta realidade, o teólogo e ensaísta Victorino Pérez Prieto reuniu no volume Prisciliano e o priscilianismo. Da condena á rehabilitación un grupo de especialistas sobre deste mitificado persoeiro que abordan diferentes aspectos da súa vida e obra.

O primeiro deles é, xustamente, o propio coordinador do libro, quen no artigo “Que podemos dicir hoxe de Prisciliano?” resume as teses fundamentais do seu recente libro Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario (2010). Fai, así, repaso dos principais episodios vitais do personaxe, dende a súa incerta orixe ata a súa decapitación en Tréveris (385), pasando polos seus anos de formación, o tempo pastoral e o seu enfrontamento coa cúpula papal por mor das súas prácticas reformistas e anovadoras. Agora ben, tan interesantes coma estas informacións son outros capítulos de maior elucubración por parte de Pérez Prieto, páxinas nas que tenta responder complexas preguntas como ¿onde descansan os restos de Prisciliano? ou ¿que escribiu, exactamente?

Seguen ao traballo de Pérez Prieto os artigos de María José Bravo Bosch verbo das cuestións xurídicas e legais do proceso eclesiástico incoado contra Prisciliano (“Tréveris: proceso y muerte de Prisciliano”); a análise da pegada altomedieval das súas doutrinas e ensinanzas en tratadistas e grupos relixiosos como os tardopriscilianistas, sabelinos, adopcionistas e mesmo luteranos que estuda Andrés Olivares Guillem en “Tempora si fuerint nubila. Prisciliano a través de los tiempos medievales”; os ecos da presenza de Prisciliano e o priscilianismo en obras e autores da cultura lusa revisados por Ricardo Ventura (“Prisciliano e o priscilianismo en Portugal”) e a conexión por filoxenia existente entre Prisciliano e Rosalía de Castro así como o seu exemplo a prol do igualitarismo xenérico destacados por Pilar García Negro en “Prisciliano, o priscilianismo e a as mulleres”.

En suma: un proveitoso volume este Prisciliano e o priscilianismo. Da condena á rehabilitación para todas aquelas persoas interesadas en coñecer, de primeira man, cal é o actual estado da cuestión no que á máis alta investigación sobre o mundo do priscilianismo se refire, unha valiosa publicación que tivo a fortuna de verse acollida no seo de Biblos Clube de Lectura, quen agora a dá ao público na ben coñecida Colección Mandaio.

Galica Confidencial


Por Armando Requeixo Ames 14/09/2012