PROMOCIÓN DA IGUALDADE

PROMOCIÓN DA IGUALDADE. O RETO DA SOCIEDADE DO SÉCULO XXI

Editorial:
IDEAS PROPIAS
Año de edición:
Materia
SOCIOLOGÍA Y ANTROPOLOGÍA
ISBN:
978-84-9839-134-3
Páginas:
72
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

6,95 €

A promoción da igualdade é un tema de vital importancia que necesita a implicación de todos os cidadáns, xa que vivimos nunha sociedade que durante séculos estabeleceu desigualdades entre as persoas, o que implica discriminacións que moitas veces vulneran os dereitos básicos dos seres humanos, e que neste século XXI debemos eliminar. Con este módulo, que Ideaspropias lle presenta, poderá adquirir os coñecementos necesarios para profundar no concepto de igualdade, coñecer tanto o seu desenvolvemento histórico como a lexislación na que este termo está presente, así como conseguir interiorizar as medidas máis significativas que se poden utilizar en cada ámbito para conseguir a fin das desigualdades. Neste material didáctico recóllense aspectos relacionados cos distintos conceptos de igualdade, o seu progreso histórico, a lexislación internacional e nacional existentes, as medidas para fomentar a igualdade, etc. Ademais, abórdanse diferentes temas de discusión como é a existencia da chamada discriminación positiva e a relación entre igualdade social e Estado de benestar.