A vida de pequeno oso e pequeno tigre experimenta 
	unha viraxe cando, aboiando no río, aparece unha caixa 
	que vén de Panamá e que arrecende a plátano. Dende entón, 
	Panamá convértese no país dos seus soños e por iso deciden 
	iniciar unha longa viaxe para chegar alí. Cunha tarteira 
	vermella, unha cana de pescar y un pato-tigre de xoguete, 
	emprenden un camiño no que coñecerán un rato de campo, 
	un vello raposo, unha vaca, un corvo, unha lebre e un ourizo.