QUEER-EMOS UN MUNDO NOVO

QUEER-EMOS UN MUNDO NOVO. SOBRE CÁPSULAS, XÉNEROS E FALSAS CLASIFICACIÓNS

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
PROSA, NO FICCIÓN
ISBN:
978-84-9865-435-6
Páginas:
132
Encuadernación:
Rústica
Colección:
ENSAIO
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

15,95 €
Comprar

Este ensaio pretende recoller a potencia subversiva da teoría queer para a aplicar ás nosas categorías lingüísticas contemporáneas. Aínda que tende a identificarse como unha reivindicación da homosexualidade, queer transcende calquera intento de redución. Queer obríganos tamén a reflexionar sobre os usos lingüísticos actuais nun momento en que as academias e os poderes máis conservadores se reafirman no masculino xenérico que o feminismo sempre rexeitou. Porque non é certo que a opresión sexista estea na sociedade e non nas linguas. En principio, queer trátase dunha teoría e dun activismo político que racha co binarismo: a realidade é complexa de máis como para dármola reducido a ser-A ou ser-non-A, a ser home ou muller, de xeito que se converte nunha reivindicación dos múltiplos espazos intermedios entre dúas categorías estereotipadas. Se resulta difícil ou imposíbel definir que é unha muller, ese nós común partillado por todas as mulleres, segundo as teorías feministas clásicas, debilítase. Nese punto entra a análise de Queer-emos un mundo novo. Ao se aplicar á literatura galega, a teoría queer tamén permite interpretar unha tradición literaria contra-poder, feita nunha nación sen estado, rica e poliédrica, que introduce en cada período histórico innovacións sorprendentes e que só poden valorarse axeitadamente como sintomáticas deses espazos de disidencia.

Otros libros del autor

  • LA EDAD BAJO SOSPECHA
    Titulo del libro
    LA EDAD BAJO SOSPECHA
    MOURE, TERESA
    Si en nuestra época las categorías de género o raza han saltado por los aires, como trajes que nos venían estrechos,...
    RECÍBELO EN 72H

    16,50 €

  • LINGÜÍSTICA SE ESCRIBE CON A
    Titulo del libro
    LINGÜÍSTICA SE ESCRIBE CON A
    MOURE, TERESA
    RECÍBELO EN 72H

    20,00 €

  • UN ELEFANTE NO ARMARIO
    Titulo del libro
    UN ELEFANTE NO ARMARIO
    MOURE, TERESA
    Um escritor torna-se em voyeur para aceder às cenas íntimas em que participa Ana. Uma das suas amigas teme que Ana e...
    Disponible en 5 días

    18,00 €

  • BOLXEVIQUES 1917-2017
    Titulo del libro
    BOLXEVIQUES 1917-2017
    MOURE, TERESA
    En 2017 a Revolución Bolxevique fai cen anos. Boa parte dos acontecementos deste século pode interpretarse en relaci...
    Disponible en 5 días

    20,50 €

  • BOLCHEVIQUES 1917-2017
    Titulo del libro
    BOLCHEVIQUES 1917-2017
    MOURE, TERESA
    Em 2017 a Revolução Bolchevique faz 100 anos. Boa parte dos acontecimentos deste século pode interpretar-se em relaç...
    Disponible en 5 días

    15,00 €