QUIMICA 2 BACHARELATO

QUIMICA 2 BACHARELATO

Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
QUÍMICA
ISBN:
978-84-9995-196-6
Páginas:
373
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

34,35 €

Os contidos do texto organízanse en oito temas. Nos Temas 1 e 2 trabállanse o segundo bloque do Currículo: ?Orixe e evolución dos compoñentes do Universo'. Os Temas 3, 4, 5 e 6 correspó¿ndense co terceiro bloque: ?Reaccións químicas'. O Tema 7 trata o cuarto bloque: ?Síntese orgánica e novos materiais'. Ademais engádese o Tema 0 como repaso dalgúns aspecto fundamentais que se estudaron no Primeiro curso de Bahcarelato, por considerar que pode ser necesaria a súa revisión como punto de partida ou para a preparación da Avaliación Final de Bacharelato.

O primeiro bloque do currículo, ?A actividade científica' traballarase de xeito simultáneo ao resto dos bloques. Así, todos os temas inclúen Prácticas de laboratorio, que permiten planificar, realizar, presentar e avaliar deseños experimentais. Polo mesmo propóñense Actividades TIC baseadas na realización de pequenos proxectos de investigación con procura, análise e elaboración de información, empregando as tecnoloxías de información e da comunicación como ferramenta. Estas actividades pódense realizar en grupo, polo coxunto da clase, ou individualmente. Con todo isto os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe do primeiro bloque cobran sentido en relación cos dos outros bloques e a química vincúlase coa presenza na vida cotiá e coas súas respercusións en numerosos ámbitos da sociedade actual.

En cada tema faise un desenvolvemento teórico da materia, acompañado dunha serie de ?Exercicios resoltos' que pretenden servir de guía e axuda ao alumnado para traballar dos distintos estándares de aprendizaxe. Ademais, ao final de cada tema formúlanse unha serie de ?Actividades propostas' que pretenden enfrontar o alumnado a situacións problemáticas que deberán resolver pondo en xogo os saberes adquiridos. Estas actividades levan indicada a solución numérica para facilitar o traballo autónomo por parte das alumnas e alumnos e fomentar a competencia de aprender a aprender.

Co fin de facer unha revisión do estudado, inclúense unha serie de ?Actividades de repaso' con solucións numéricas ao final de cada unidade. A maioría destas foron propostas nas PAU ( anos 2006 a 2015), porque se ben na LOMCE desaparecen as antigas probas de acceso á Universidade, ata o momento son a principal referencia de probas externa e poden servir para preparar a Avaliación Final de Bacharelato. Aínda que esta sexa tipo test é de esperar que a principal diferenza consista en que se pida a solución correcta entre varias propostas.

Completa este texto os mapas conceptuais ao final de cada tema, que pretenden facilitar a integración e interiorización da unidade, e tamén un apéndice final coas principais constantes físicas e químicas, fácil de consultar para o alumnado.