RADIANTE.(CHAN DA POLVORA)

RADIANTE.(CHAN DA POLVORA)

Editorial:
CHAN DA PÓLVORA
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-84-125905-3-1
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

19,00 €
Comprar

Radiante é o último poemario de Manuel Darriba, un dos autores máis admirados da literatura galega. Tendo en conta que a versión final de Radiante, e a súa publicación, coinciden cunha etapa na vida do autor especialmente dura, chea de dores e de incertezas, o título do libro pode parecer irónico. Pero “radiante” significa tamén “luminoso”, e o autor confía en que estes poemas irradien certa luz; aínda que sexa deliberadamente turbia. Durante o proceso de composición da obra, que se prolongou varios anos, o autor sentiu que traballaba unha materia dura, pedra ou madeira, para extraer da masa informe fragmentos de discurso estructurado. Sentiuse máis escultor que escritor. En moitos casos, os poemas empezaron como gromos de escritura automática (ou case) que cobraron forma e sentido no proceso de creación. “Toda peza de arte acabada”, asegura “é unha estación de destino cunha viaxe moi longa. A poesía pode ser complexa, pero nunca o é tanto como a vida”.

Manuel Darriba (Sarria, 1973) é poeta, narrador e guionista. Estudou Xornalismo e Filosofía, exerceu de reporteiro (en xornais como El Progreso de Lugo, El Mundo ou El País) e codirixiu a axencia Transmedia, editora de revistas especializadas. É autor dunha quincena de obras, entre as que figuran novelas coma Velada do billarista, Accidental ou O bosque é grande e profundo, o libro infantil Brais e os demais e poemarios coma Os indios deixaron os verdes prados (Premio González Garcés).
Dende o 2011 traballa como guionista audiovisual en series como Serramoura, vertente do seu traballo que desenvolve para distintas canles e plataformas, ademais de ser autor de proxectos propios en series ou no cine.

Otros libros del autor

  • A REALIDADE
    Titulo del libro
    A REALIDADE
    DARRIBA, MANUEL
    Ganzúa, escritor fracasado e vagabundo existencial, cruza a cidade nocturna nas últimas horas do mundo. A guerra de ...
    RECÍBELO EN 72H

    18,95 €

  • SANTA MORTE
    Titulo del libro
    SANTA MORTE
    DARRIBA, MANUEL
    A obsesión do límite (temporal, existencial, artístico) atravesa e condiciona toda a obra literaria do autor, na que...
    Disponible en 5 días

    13,95 €

  • ELEFANTE
    Titulo del libro
    ELEFANTE
    DARRIBA, MANUEL
    A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo...
    RECÍBELO EN 72H

    16,50 €

  • BRANCO
    Titulo del libro
    BRANCO
    DARRIBA, MANUEL
    Nun estado policial, dous militares das forzas de represión deteñen e reclúen unha muller, á que someten a un violen...
    Disponible en 5 días

    14,00 €

  • ACCIDENTAL
    Titulo del libro
    ACCIDENTAL
    DARRIBA, MANUEL
    A historia, cargada de ironía sutil e episodios sorprendentes, desenvólvese nunha vila onde a vida semella condicion...
    RECÍBELO EN 72H

    13,30 €