SALSEIROS

SALSEIROS. RELATOS PERCEBEIRO CORMEAN AXITADOR

Editorial:
EMBORA
Año de edición:
ISBN:
978-84-92644-79-7
Páginas:
179
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

18,00 €


Autor: Lista Neira, Suso
Colección: Narrativa
Formato: 13x21 cm
Edición: 2014
Idioma: galego
Páxinas: 184
Encuadernación: rústica
ISBN: 978-84-92644-19-7

Pouca xente hai entre nós coa forza, co talento narrativo do Suso Lista. Por fortuna, este libro rescata das redes sociais, onde se foron publicando primeiro, máis de medio cento de relatos deste percebeiro cormeán, actor, guionista de televisión e axitador cultural. Suso Lista é un mestre do relato, da narración curta, cortada a navalla. Poucos coma el, ningún en Galicia. O Suso escribe historias fermosas ou tráxicas, cheas de humor ou de fantasía, segundo lle veña o humor ou segundo sexan os días. Polo menos agora aqueles que estades privados do pracer de llos escoitar ler, tendes a inmensa sorte de os posuír e gardar na casa. Coma un tesouro. Coma un gran tesouro.



Suso Lista

Pasou a súa infancia entre Corme a e Universidade Laboral de Cheste, Valencia. Aos 16 anos embarcou como mariño mercante e percorreu Europa e o norte de África. Aos 25 anos instalouse como percebeiro na súa localidade natal, traballando como percebeiro, actividade que combina coa participación como actor de reparto en mais de 40 capítulos da serie Mareas vivas, tamén en películas para televisión como A rosa de Alexandría, Chapapote... o no ou A mariñeira de Quilmas, e foi protagonista de máis de 50 curtametraxes rodadas en Galicia e León. Foi guionista de curtas como A crise da pesca ou Matreros de medianoite, sendo tamén actor e guionista do documental Ida e volta, preseleccionado para os Premios Mestre Mateo 2007.

Ten un programa semanal na Radio Libre da Costa da Morte Radio Roncudo, chamado O Embigho do Fin do Mundo

Otros libros del autor

  • COMO A RODA NO MUIÑO
    Titulo del libro
    COMO A RODA NO MUIÑO
    SUSO LISTA
    E se vida se volve toda en desandar o Camiño que nos leve ás terras do solpor e tamén a unha orixe inimaxinable ? As...
    RECÍBELO EN 72H

    20,00 €

  • XEIXOS
    Titulo del libro
    XEIXOS
    SUSO LISTA
    Suso ListaPasou a súa infancia entre Corme a e Universidade Laboral de Cheste, Valencia. Aos 16 anos embarcou como m...
    RECÍBELO EN 72H

    15,00 €