SEN ALENTO

SEN ALENTO

Editorial:
POSITIVAS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-124754-6-3
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

18,00 €

O aire, ás veces, deixa sen alento as persoas.
Ao seu través viaxan os virus, as palabras dos profetas e as ordes dos gobernos. É quen de mover os muíños para despois acubillar as liñas infinitas dos cables eléctricos, testemuñas do progreso e tamén da loita polos beneficioseconómicos.
Ninguén asegura que o aire sexa invisible. Quizais porque é o lenzo onde as imaxes desafían a verdade. O pouco que nos deixa de seu son os cheiros que recolle aquí e alá, un rastro que tenta a nosa necesidade de achar orixes e significados.
O Atlántico cheira. A catedral ten arume propio por baixo do botafumeiro, os curas, as monxas e os peregrinos. Tamén olen os uniformes da garda civil, as residencias para persoas maiores, os cedros, os salmóns, as centrais eléctricas e mesmo os meses do ano.
Os olores rodéannos sen deixar moita marxe para evitalos, mesmo tapando o nariz. Por iso, cando na vila comezaron os roubos nas vivendas dos vellos, ao sarxento Fernández cheiroulle a repugnancia. Lucía, pola contra, amosouse decidida a rematar co mal olor.
Maila non ser decisións incompatibles, trazaban destinos distintos para todos os que estaban na obriga de compartir comarca e aire, fosen apóstolos, pantasmas, herexes, mozos prometedores, doentes dos bronquios, empresarios de longo percorrido ou anciáns deasilo e visita familiar o domingo á tarde.