SON DA CIDADE, O LIBRO DA MÚSICA VIGUESA DO NOSO SÉCULO

SON DA CIDADE, O LIBRO DA MÚSICA VIGUESA DO NOSO SÉCULO

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
MÚSICA
ISBN:
978-84-9151-836-5
Páginas:
128
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

24,40 €
Comprar

AQUE SOA VIGO?
Son da Cidade é o libro sobre a música local viguesa do século XXI.
Que se está a cociñar nos estudios e salas de concertos da cidade olívica? Do rock ao trap, pasando
polo folk, reggae e iazz, nas súas páxinas altérnense textos, debuxos e material gráfico sobre case cincuenta
artistas locais que representan a súa ampla e variada escena musical. De sempre, Vigo gozou dunha
importante tradición musical. Mesmo antes da Movida dos oitenta, a urbe galega non deixou de acoller
o talentosos artesáns do son. Malia que a súa sona mediática sexa menor, na actualidade conta cun potente
e diverso abano creativo, con artistas de referencia nos seus respectivos estilos. Dunha maneira visualmente
atractiva, amena e accesible a todo tipo de públicos, este ensaio ilustrado pioneiro pretende
divulgar o panorama actual e descubrir a que soa Vigo.
Denis Carballás e Pablo Vázquez, ambos os dous vigueses de 1995, colaboran xuntos desde que se
coñeceron mentres estudaban Comunicación Audiovisual en Pontevedra. Culminaron a carreira co seu
documental Cuna de músicos, que recibiu críticas moi positivas no eido musical local e foi seleccionado
na 32ª edición do Festival Cineuropa, en Santiago de Compostela. O filme fai un percorrido polas últimas
catro décadas da música viguesa a través de dezasete entrevistas e abundante material de arquivo.
A maiores, filmaron xuntos varios videoclips e concertos de artistas vigueses.
PABLO VÁZQUEZ traballa desde 2018 na revista cultural A Movida, exercendo como redactor e fotógrafo.
Durante este tempo acudiu a numerosos concertos e festivais, e realizou máis dun centenar de
artigos sobre música e artistas locais. Foi Xurado Novo en festivais de cine (Novos Cinemas en 2016
e San Sebastián en 2017) e en 2020 dirixiu o seu segundo documental, The Death: el reencuentro, seleccionado
en Cineuropa e premiado no OUFF. En 2021 codirixiu a curta documental O profesor, gañadora
do Desafío Audiovisual Illas Cíes, e logrou un accésit no Concurso de Relatos Vigo Histórico coa obra
Cidade fermosa.
Denis Carballás comezou a tocar a guitarra no ano 2010. Desde entón forma parte de diferentes bandas,
entre as que se atopan The Riggos, Sniff & Crash, Beethoven Rollers ou o seu proxecto en solitario.
Publicou varios discos e toca en diferentes lugares do país. Foi dúas veces finalista dos premios
Xuventude Crea da Xunta de Galicia (2018 e 2019). Tamén compuxo as bandas sonoras de diferentes
proxectos audiovisuais como Cando mamá pechou as caixas (2018) e O profesor (2021). Ademais, gústalle
debuxar desde que ten memoria, polo que emprega esa afección neste e noutros moitos proxectos.

Otros libros del autor