SON NOXENTO

SON NOXENTO

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-9914-824-3
Páginas:
112
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

18,50 €
Comprar

Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigouno a casar con Lilí, unha «nena ben, a nena de papá e de mamá, dunha familia desas burguesas e tradicionais». Suso púñase tolo, saído como un can, cando miraba moverse o cu de Lilí, así que o intentou polas boas e polas malas.
Son noxento é a historia dunha relación presidida pola crueza e dun individuo abominable, un deses personaxes de carne e óso que, lamentablemente, existen, e que un día, sen que a autora desta novela saiba ben como, se lle filtrou no maxín.
E, aínda que non é agradable ?nin sequera na ficción? tratar cun ser amoral como Suso, María Xosé Queizán confesa no limiar que, ao construílo, estivo todo o tempo diante do ordenador «sen parar de rir». E é que ese é un dos paradoxos de Son noxento: como pode ser tan hilarante un ser tan repugnante? Ademais de abordar a crítica social desde a boa literatura, Son noxento é unha novela presidida polo humor, por ese humor imprescindible para achegarse ás circunstancias e aos personaxes máis dramáticos a fin de escribir un relato intelixente e literario.
Son noxento conta unha historia que nos mantén expectantes, elaborada a través dun espléndido monólogo interior. Unha curta e gran novela de María Xosé Queizán.

Otros libros del autor

  • METAFORA DA METAFORA
    Titulo del libro
    METAFORA DA METAFORA
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    «Metáfora da metáfora» é unha reflexión sobre a palabra literaria como forma de poder e, en última instancia, sobre ...
    En stock

    12,95 €

  • AMOR DE TANGO
    Titulo del libro
    AMOR DE TANGO
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    En «Amor de tango» María Xosé Queizán presenta unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franqui...
    RECÍBELO EN 72H

    18,50 €

  • DESPOXOS E VÍSCERAS ILUSTRES
    Titulo del libro
    DESPOXOS E VÍSCERAS ILUSTRES
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    O corazón de Percy B. Shelley, poeta romántico inglés, é un dos protagonistas deste libro. Despois dunha morte por a...
    RECÍBELO EN 72H

    20,95 €

  • VIVIR A GALOPE
    Titulo del libro
    VIVIR A GALOPE
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Este é o testemuño literario dunha vida intensa e comprometida, a autobiografía que traza a traxectoria vital dunha ...
    RECÍBELO EN 72H

    33,50 €

  • ROSALÍA DE CASTRO E O PODER SEXUAL
    Titulo del libro
    ROSALÍA DE CASTRO E O PODER SEXUAL
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Rosalía de Castro é unha das escritoras que mellor comprendeu e reflectiu na súa obra, tanto poética como narrativa,...
    Descatalogado

    19,50 €