TEMPO DE PEDRA

TEMPO DE PEDRA

Editorial:
EDITORIAL CANELA
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-608-4348-1
Páginas:
226
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 72h

15,00 €
Comprar

«A ficción non é verdade nin mentira: é ficción. E resulta válida para contar a historia de Friedrich Wilhelm Mette, o capitán alemán do navío Santa Úrsula enterrado no cemiterio histórico do Psiquiátrico de Conxo en 1916, e tamén para abordar cuestións da psiquiatría que me preocupan e para as que non teño resposta definitiva. Para este traballo penso que é máis apropiada unha novela que non un ensaio ou unha patobiografía, que eran outras posibilidades», afirma Ramón Area Carracedo, especialista do Hospital Psiquiátrico de Conxo. Esta tarde presenta Tempo de pedra. É a súa primeira obra de ficción, que se suma a estudos anteriores sobre a emigración galega, a arquitectura relacionada coa infancia, as alucinacións, a conciencia, e outros asuntos de investigación psiquiátrica.
Ramón fixo a especialidade de psiquiatría en Santiago. Após uns anos de exercicio profesional en Lugo veu para Compostela a finais da década pasada. «Cando cheguei ao Psiquiátrico había internos uns 500 doentes. E comecei a escoitar moitas historias e anécdotas sobre ese hospital, entre elas a deste capitán de navío alemán. Desde o primeiro momento pensei ?aquí hai unha novela?. E este é o resultado, en máis de 200 páxinas», di.
Reconstrúe a súa vida e explica como chegou Mette ao Psiquiátrico de Conxo: «Antes estivo en Vilagarcía, onde aínda hai descendentes de alemáns que estiveron en Arousa no tempo da Primeira Guerra Mundial. Mette acaba por perder a razón e por iso o internan en Conxo, nun tempo crítico para a asistencia psiquiátrica. A partir de aí hai moitas vicisitudes que teñen que ver mesmo con espías e submarinos. Mette está no Psiquiátrico os dous últimos anos, até que morre. A súa historia é contada a través da relación dun paciente e un psiquiatra, que é pura ficción. Aparecen dificultades e contradicións que ten a Psiquiatría, relacionadas coa sinrazón, co poder, e outras cuestións», explica.
Afirma que «cos materiais que reunín quedei convencido de que Mette merecía unha moi boa historia. Polos misterios e enigmas relacionados con el, como o feito de que o seu internamento o pagou o consulado alemán de Vigo; que haxa unha lápida cunha inscrición en alemán, fóra do común, que aínda está en Conxo; o propio cemiterio histórico de Conxo, os servizos que debeu prestar á causa de Alemaña; mesmo a patoloxía pola que ingresou en Conxo. Hai moita intriga».
Na súa investigación foi importante, esclarece, o arquivo histórico do Psiquiátrico, que se conserva no Gaiás. E outras fontes, entre elas traballos do xornalista Nacho Mirás en La Voz de Galicia: «Hai un capítulo dedicado a outras persoas que investigaron, e hai un recoñecemento a Mirás, a través do personaxe de Ignacio Miranda, que evoca o seu nome», indica.
«O tema dá para moito», insiste. A través da historia de Mette, Ramón Area aborda a emigración galega a América, sobre todo a Brasil, e menos a Arxentina e a Uruguai, nos traxectos do Santa Úrsula a América con pasaxeiros e mercadorías. Tamén «a primeira guerra mundial e a tecnoloxía de morte que supuxeron os submarinos e as modernas armas e estratexias, auténtica maquinaria de matar, que influíu na psiquiatría de guerra e noutros ámbitos da Medicina».
O título, Tempo de pedra, «evoca a narrativa Tiempo de silencio, de Martín Santos, tamén psiquiatra; e a moita pedra que hai arredor da historia: a pedra dos mortos, que é a lápida, e todo o que ten que ver coa pedra dos muros dun recinto pechado, que seguen aí, e que moitos anos segregaron aos doentes do Psiquiátrico do resto da sociedade».

Fonte:
Jo´se Gómez Santiago / La voz de Galicia

Otros libros del autor

  • CAIXA DE MÚSICA
    Titulo del libro
    CAIXA DE MÚSICA
    AREA CARRACEDO, RAMÓN
    En Caixa de música, o sarxento Fernández e a inspectora Lucía, ambos da Garda Civil, despois de Camiño negro e Sen a...
    En stock

    18,00 €

  • CAMIÑO NEGRO
    Titulo del libro
    CAMIÑO NEGRO
    AREA CARRACEDO, RAMÓN
    Un cadáver no Camiño de Santiago. Coñecer o sucedido non vai ser doado.Un falsificador ocasional, unha garda civil n...
    Disponible en 5 días

    18,00 €