TERRITORIO DA DESAPARICIÓN

TERRITORIO DA DESAPARICIÓN

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-84-8288-719-7
Páginas:
108
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Agotado

10,90 €

Premio da Crítica Española, 2004. Territorio da desaparición reúne o traballo de creación desenvolvido por Miguel Anxo Fernán Vello durante os últimos anos, o poemario é unha chamada á resistencia a través da palabra, que na obra de Fernán Vello é o lugar da emoción pero tamén da loita contra o esquecemento. O libro é o primeiro publicado por Miguel Anxo Fernán Vello des que, no ano 1996, publicara As certezas do clima. Co título de Territorio da desaparición, o poeta fai unha chamada a prol da esperanza nun tempo de desacougo e lenta descomposición das arelas de progreso ao que a poesía non debe permanecer indiferente. Inmigrantes, exiliados e repatriados constitúense en protagonistas dun territorio no que a derrota e a ameaza do baleiro pretenden impoñerse e no que os poetas «sobreviven na voz impenetrábel da paciencia». Nese mesmo espazo metafórico e literario, a escritura do propio poema acaba por ser a auténtica esperanza. Miguel Anxo Fernán Vello traza os lindes poéticos dun territorio ermo cada vez máis presente no noso tempo. A súa voz, unha das máis singulares da poesía galega contemporánea, teima na poesía como palabra que nos esperta e outorga ás cousas unha verdade firme e necesaria

Otros libros del autor

  • DURACIÓN DA PENUMBRA
    Titulo del libro
    DURACIÓN DA PENUMBRA
    FERNAN VELLO, MIGUEL ANXO
    Disponible en 5 días

    15,00 €

  • AS CERTEZAS DO CLIMA
    Titulo del libro
    AS CERTEZAS DO CLIMA
    FERNÁN VELLO, MIGUEL ANXO
    Gañador da V edición do premio Martín Codax de poesía, este libro é culminación e, ao tempo, superación do discurso ...
    Disponible en 5 días

    11,90 €