TRABALLO E SOLIDARIEDADE NA PENINSULAR MADERERA E PYSBE

TRABALLO E SOLIDARIEDADE NA PENINSULAR MADERERA E PYSBE. FERROL

Editorial:
FUCO BUXAN
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-613-1589-5
Páginas:
100
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 72h

10,00 €
Comprar



Da man do historiador Enrique Barrera Beitia, chega aos lectores o libro Traballo e solidariedade na Peninsular Maderera e PYSBE (Ferrol, Asociación Fuco Buxán, 2009), unha obra na que o autor estuda dous dos máis importantes conflitos obreiros que sacudiron a cidade de Ferrol nas décadas finais do franquismo.



Estes conflitos avivaron a loita contra a ditadura e contribuíron a espertar a conciencia dos traballadores, tal e como recoñece neste volume Germán Castro, hoxe director do xornal Diario de Ferrol e daquela empregado na Peninsular Maderera. «Ata entón era un novo produto da ditadura, como tantos outros, que non abrira os ollos ás circunstancias políticas e que non sentía a necesidade de comprometerme na loita pola liberdade e a democracia».



Como escribe Enrique Barrera, estes conflitos demostraron a «importancia dunha actitude combativa, firme e unánime, capaz de superar numerosas adversidades. Esta unidade de conduta só foi posible porque os obreiros tomaron as súas decisións de forma democrática, en asembleas e xuntanzas de distinta natureza».

Otros libros del autor

  • OBRAS CIVILES NA BAZÁN
    Titulo del libro
    OBRAS CIVILES NA BAZÁN
    BARRERA BEITIA, ENRIQUE
    Obras Civiles era unha empresa adscrita a Bazán na que traballaban 1200 persoas. En decembro de 1966, o goberno deci...
    En stock

    12,00 €