TRANSICIÓN

TRANSICIÓN. INVESTIGACIÓN UNS CRIMES ARREPIANTES QUE DESTAPARÁ NUMEROSOS SUCESOS NOS QUE A INFAMIA AGOCHA UNHA ESPIRAL DE VINGANZA

Editorial:
SOTELO BLANCO
ISBN:
978-84-7824-654-0
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

20,00 €

Descrición

Cun estilo narrativo que renega de calquera sentimentalismo efectista, o autor introdúcenos nunha investigación periodística sobre uns crimes arrepiantes que destapará numerosos sucesos nos que a infamia agocha unha espiral de vinganza que alcanza o seu cénit baixo o paraugas da censura férrea dos derradeiros estertores do réxime nacional-católico. Un marco totalitario que exercía un control omnipresente, case nunca sutil, para constrinxir unha sociedade que xa devecía por respirar renovados aires democráticos.
Que todo mude para que nada cambie… Unha e outra vez, a nosa historia xira ao redor da sentenza lampedusiana. Esta obra manifesta sen ambigüidades o compromiso irrenunciable de facer unha emenda á totalidade dese, disque exemplar, modelo político transitorio que nos trouxo ata onde estamos hoxe a través dunha parábola sobre o periodismo que sofre neste país a mordaza, non sempre ben paga, de forzas fabulosamente poderosas aínda en tempos de liberdade.
Adubada con atmosferas por veces góticas apigaradas por breves destellos de humanidade viva e vigorosa, ademais dun humor finamente retranqueiro, Transición é unha potente novela que eleva unha vez máis o xénero negro galego á categoría de universal.

Otros libros del autor

  • TRANSICIÓN
    Titulo del libro
    TRANSICIÓN
    PABLO FERNANDEZ BARBA
    Unha investigación criminal fortuíta.Un relato gótico.Unha reivindicación da memoria.Unha emenda á totalidade dese, ...
    RECÍBELO EN 72H

    17,00 €