Sinopsis
Dos cinco estudantes castigados nunha aula dun instituto, só catro saen con vida. Todos os superviventes teñen algo que agochar: Bronwyn, a alumna brillante que nunca rompeu un prato; Addy, a loura superficial; Nate, o traficante a pequena escala; e Cooper, o atleta. Simon, que desenvolveu unha app para móbiles na que divulga rumores sobre os seus compañeiros, morre na aula. Os catro superviventes convértense en sospeitosos. Ou talvez só sexan cabezas de turco…
Autor: McManus, Karen M.
McManus, Karen M.
Karen M. McManus debutou como escritora coa novela de suspense Un de nós mente, que se mantivo durante un ano na lista dos mellor vendidos do New York Times e se traduciu a case 40 linguas. Licenciada en Xornalismo, agora só escribe historias falsas para os seus libros. Vive en Massachusetts co seu fillo.