Sinopse
Humor e calidade sempre foron da man na nosa mellor literatura. Mais nesta obra Anxo L. Baranga e J.A.M. afondaron no feliz xuntoiro. A habilidade na construcción dos relatos, o rigor da súa estructura, o extraordinario dominio da lingua dan ó feixe de traballos unha calidade hoxe máis ben inusual na nosa xove narrativa.E humor... ¡humor haino a moreas! Este é sen dúbida o libriño máis divertido dos últimos anos .