UNHA MADA DE DOCE RELATOS

UNHA MADA DE DOCE RELATOS. AUTOR FERROLANO AUTOR FERROLAN

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-8487-146-0
Páginas:
77
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

10,00 €
Comprar

Unha mada de doce relatos
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha mada de doce relatos
Autor Henrique Dacosta
País Galiza
Lingua galego
Colección Narrativa
Xénero(s) Relatos
Editorial Laiovento
Data de pub. 2008
Formato Rústica con solapa
Páxinas 75
ISBN ISBN 978-84-8487-146-0

Unha mada de doce relatos é unha obra de Henrique Dacosta publicada en 2008 pola editorial Laiovento.
Unha mada de doce relatos [...] serve para que nos adentremos nun universo composto por unha miríade heteroxénea de argumentos que camiñan a rentes da vida como son a súa propia futilidade nalgunhas ocasións ou as circunstancias que enguedellan a varios personaxes embarcados nun destino semellante.
Ramón Nicolás para La Voz de Galicia o 31 de outubro de 2009.


Doce relatos, doce, entrecruzados polo sutil fío condutor dun autor con oficio no xénero. Doce relatos, distintos entre si, mais cun trasfondo inconfundíbel, labrados co esmero do lirismo, e trazados por unha singular querenza descritiva. Doce relatos cuxa matriz enraiza no realismo para se encamiñar por variadas sendas, aínda que converxentes, e aderezados cun eficiente profundamento psicolóxico, e dosificación na intriga. Realismo tráxico acaroado ao traxicómico, mais tamén o de xénese social, e o máis costumista, episódico ou anecdótico, pois todos eles veñen asomar ás páxinas do libro gañador do "XVI Certame literario Ricardo Carvalho Calero" de 2007 convocado polo Concello de Ferrol. Haberemos de rir e sorrir con eles; e as bágoas pugnarán á hora de querer abrollar en acalorado desafío á indignidade dos tempos de ferro; e no noso ánimo unha feliz saudade desexará callar noutras ocasións, cos retratos dunha infancia evocada pola memoria; e xunto deles os incomprensíbeis e covardes asañamentos contra os máis débiles en reclamo de xustiza. Achámonos, en definitiva, perante doce narracións breves cargadas dunha enorme emotividade, e que, sobre todo, non nos haberán de deixar indiferentes. Doce narracións, doce, que afianzan xa, e cunha grande solidez, ao seu autor entre os máis destacados no xénero, de tanta tradición e rendemento dentro da nosa literatura

Otros libros del autor

  • ENTRADA AO XARDIN DO SABER
    Titulo del libro
    ENTRADA AO XARDIN DO SABER
    HENRIQUE DACOSTA
    Agotado

    18,50 €

  • O PREZO DA TENTACION
    Titulo del libro
    O PREZO DA TENTACION
    HENRIQUE DACOSTA
    Autor: Dacosta, HenriqueColección: NarrativaFormato: 13x21 cmEdición: 2008Idioma: galegoPáxinas: 216Encuadernación: ...
    Disponible en 5 días

    15,00 €

  • FERROLÁNS NA HISTORIA DA LITERATURA GALEGA
    Titulo del libro
    FERROLÁNS NA HISTORIA DA LITERATURA GALEGA
    HENRIQUE DACOSTA
    Autor: Dacosta, HenriqueColección: Biblioteca de FerrolterraFormato: 21x28 cmEdición: 2007Idioma: galegoPáxinas: 248...
    En stock

    20,00 €

  • OS DESHERDADOS
    Titulo del libro
    OS DESHERDADOS
    HENRIQUE DACOSTA
    Autor: Dacosta, HenriqueColección: NarrativaFormato: 13x21 cmEdición: 2006Idioma: galegoPáxinas: 127Encuadernación: ...
    Agotado

    16,00 €