VAAMONDE

VAAMONDE. GLORIA E TRAXEDIA DUN ARTISTA

Editorial:
ECONOMÍA DIGITAL
Año de edición:
Materia
BIOGRAFÍAS
ISBN:
978-84-09-62676-2
Páginas:
90
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

14,90 €

Se hai vidas que superan o que un fabulador ou contista poida imaxinar, unha delas é a do artista galego Joaquín Vaamonde Cornide (A Coruña, 1871 - Meirás, 1900). Así a cualificou Emilia Pardo Bazán.
Perfecto Ramos Rodríguez recolle en forma de texto teatral as pasaxes máis destacadas da súa traxectoria, tanto persoal coma artística. Nada nesta obra é ficción, todo aconteceu tal e como nolo van contando, coas súas propias palabras, o protagonista, Vaamonde, e o resto dos personaxes, todos eles reais: Emilia Pardo Bazán, Amalia de la Rúa-Figueroa, Rafael Calzada e José Pan de Soraluce.
Vaamonde engaiolou, coa súa arte e calidades persoais, as elites, tanto en América coma en Europa, e converteuse dun día para o outro no retratista preferido da alta sociedade da corte madrileña cando remataba o século XIX. Mais na súa curta existencia, se na faceta profesional obtivo éxito e fama poucas veces acadados por ningún outro artista, na persoal a súa vida foi un drama de principio a fin, e rematou traxicamente nas Torres de Meirás antes de cumprir os trinta anos.

Otros libros del autor

  • JOAQUÍN VAAMONDE CORNIDE
    Titulo del libro
    JOAQUÍN VAAMONDE CORNIDE
    RAMOS RODRÍGUEZ, PERFECTO
    Joaquín Vaamonde Cornide foi un dos máis destacados membros da Xeración Doente. O seu falecemento con só 29 anos imp...
    RECÍBELO EN 72H

    19,90 €

  • OS LOBARIÑAS FEIXOO
    Titulo del libro
    OS LOBARIÑAS FEIXOO
    RAMOS RODRÍGUEZ, PERFECTO
    Gregorio Lobariñas Feixoo é unha das figuras máis descoñecidas e atractivas da nosa historia cultural. Este inquisid...
    RECÍBELO EN 72H

    19,95 €