O século XVII en España é o século de Velázquez, xenio da arte, intérprete dunha sociedade oprimida entre a corte e a crúa realidade. A súa arte é a imaxe interior duns homes e mulleres cheos de paixón, cunha presenza intensa e directa que os aproxima a nós, que os fai eternamente actuais.