VIAXEIRO RADICAL, O

VIAXEIRO RADICAL, O. MANFRED O ALEMÁN DE CAMESELLE

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9865-612-1
Páginas:
220
Colección:
LITERARIA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

17,50 €
Comprar

O viaxeiro radical
Autor: Xerardo Quintiá
Colección: Literaria
Editoria Galaxia 2015, 220 paxinas
ISBN: 978-84-9865-612-1
P.V.P: 16 € Ive incluído


Publícase O viaxeiro radical, unha novela de Xerardo Quintiá na que este poeta e narrador conta a historia dun home extraordinario que, encirrado pola busca do inalcanzable, decide vivir á marxe de calquera conveniconalismo ou imposición, en permanente conflicto consigo mesmo e coa sociedade. Unha obra de ficción que volve poñer de actualidade os logros artísticos da primeira literatura moderna -da Nova Heloísa de Rousseau ao Wilhelm Meister de Goethe- e os achados do pensamento idealista do século XIX.

O viaxeiro radical é unha novela baseada na figura de Manfred Gnädinger, artista alemán que en 1962 chegou á vila de Camelle despois dunha longa viaxe cruzando boa parte de Europa. Nese momento comeza a historia dun home extraordinario que, encirrado por un pulo de liberdade, decidiu vivir á marxe de calquera convencionalismo ou imposición, en permanente conflito cos que o rodeaban .Un artista ceibe e solitario, marxinal por convencemento e necesidade, que transformou a súa propia existencia coa finalidade de que Vida e Arte se fundisen ata formar un todo indisoluble.

A novela indaga nos aspectos que, en determinados momentos da vida do protagonista o empurraron a tomar decisións controvertidas, e pretende achegarse á cerna do personaxe para comprender a razon da súa radicalidade existencial. Ao mesmo tempo, a ficción leva a quen le a facer unha reflexión sobre aspectos fundamentais que determinan a existencia, tales como o amor, a amizade e a busca do sentido da vida.



Xerardo Quintiá (Friol, 1970), poeta e narrador, publicou os seus primeiros traballos no suplemento cultural "Táboa redonda" de El Progreso e colaborou despois en revistas como Dorna e Xistral. En 1997 sae do prelo o seu primeiro libro, Finísimo po nas ás; posteriormente, publica os libros de relatos Unha soa man e outros intres (1999) e Un rabaño de ovellas brancas (2001). De 2002 é O libro dos aparecidos e, de 2012, Hotel Cidade Sur, tamén dedicados á narrativa curta. Como poeta é autor de Ailalalalelo de auga (2001), Poesía en Ruta, Premio Fermín Bouza Brey en 2005, e Fornelos&Fornelos, primeira fundación, Premio Fiz Vergara Vilariño en 2011.


palbrasymundos.blogspot

Otros libros del autor

  • FORNELOS & FORNELOS: TERCEIRA FUNDACIÓN
    Titulo del libro
    FORNELOS & FORNELOS: TERCEIRA FUNDACIÓN
    QUINTIÁ, XERARDO
    A través dunha arquitectura sólida e un universo poético enlazado na mellor tradición literaria occidental e galega,...
    RECÍBELO EN 72H

    12,50 €

  • UN RABAÑO DE OVELLAS BRANCAS
    Titulo del libro
    UN RABAÑO DE OVELLAS BRANCAS
    QUINTIÁ, XERARDO
    Esta é unha colección de historias que contemplan desde dentro a vida e as xentes do rural do noso país, descrito aq...
    CONSULTE DISPONIBILIDAD

    13,95 €

  • FINÍSIMO PO NAS ÁS
    Titulo del libro
    FINÍSIMO PO NAS ÁS
    QUINTIÁ, XERARDO
    Publicado na plataforma de Galaxia para a creación literaria de autores noveis, este é primeiro libro de Xerardo Qui...
    CONSULTE DISPONIBILIDAD

    14,00 €

  • UNHA SOA MAN E OUTROS INTRES
    Titulo del libro
    UNHA SOA MAN E OUTROS INTRES
    QUINTIÁ, XERARDO
    ¿Cal é o son do aplauso dunha soa man? ¿Como é a realidade das persoas neste novo milenio que comeza? En Unha soa ma...
    CONSULTE DISPONIBILIDAD

    12,00 €

  • KE-TUMBA KE-TAMBA
    Titulo del libro
    KE-TUMBA KE-TAMBA
    QUINTIÁ, XERARDO
    Ke-Tumba Ke-Tamba pertence á tribo dos indios Taram-Bainas, que como é ben sabido, son un pobo de feroces guerreiros...
    RECÍBELO EN 72H

    12,75 €