Velaquí a literatura como equipamento para a vida, unha arte para sobrevivir no asedio do absurdo. Por iso non é este un libro na procura do que non queda, nin sequera da súa evocación, pola contra, é a constatación da ausencia, o saúdo educado a unha nova compaña.