XAN E PERICÁN

XAN E PERICÁN

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-9782-124-7
Páginas:
72
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

9,65 €

Xan é pequeno e gordecho, comellón e durmiñoco. Pericán é máis alto, come pouco e dorme menos. Xan e Pericán son deses amigos que sempre se perden nos camiños. Un día atopan un buraco no chan que os leva a unha cova con tres portas pequerrechas. A primeira era unha porta amarela cun cartel que poñía: "Aquí é onde comeza todo". A segunda era unha porta verde que poñía con letras grandes. "Se entras, nunca te perdes". A última era encarnada e tiña un sorriso pintado no que non poñía nada. A través das tres portas, Xan e Pericán coñecen a Anacleta que anda en bicicleta; ao señor Comendador, que vai en tractor e toca o tambor; a don Torcuato, o que vende vasoiras e amaña os zapatos; a don Claudio, médico de bruxas, xigantes e ananos...
"Xan e Pericán" de Daniel Ameixeiro é unha narración que, aproveitando a estrutura dos contos acumulativos tradicionais, permite aos lectores avanzados de sete anos en diante unha viaxe polas tres portas da fantasía. Ao xeito da Alicia de Carroll, Xan e Pericán, os dous amigos caen no burato da imaxinación que os ha levar a coñecer personaxes máxicos e a superar probas nas que deben poñer en xogo todas as súas mellores habilidades. As espléndidas ilustracións a toda cor de Andrés Meixide realzan este texto, finalista do Premio Merlín de literatura Infantil 2003.

Otros libros del autor

  • A TORRE DAS LAVERCAS
    Titulo del libro
    A TORRE DAS LAVERCAS
    AMEIXEIRO, DANIEL
    A Torre das Lavercas era unha casa cunha cheminea moi grande e papá puxéralle ese nome porque había moitos niños de ...
    En stock

    13,50 €

  • PIRATAS, BRUXAS E OUTROS AMIGOS
    Titulo del libro
    PIRATAS, BRUXAS E OUTROS AMIGOS
    AMEIXEIRO, DANIEL
    Atrévete a sumarte a esta singular tripulación. Leva áncoras e déixate mergullar nesta serie de historias contadas c...
    Disponible en 5 días

    7,75 €