ZONAS DE TRANSITO

ZONAS DE TRANSITO

Editorial:
SOTELO BLANCO
Año de edición:
ISBN:
978-84-7824-652-6
Páginas:
70
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

6,00 €

Descrición

O real empírico e o real soñado cohabitan estes versos. As teorías REM de Eugene Aserinsky e o darwinismo onírico de Mark J. Blechner son o cicel co que non poucos destes poemas tentan burilar a comprensión da experiencia. Hai nos textos de Neto moito de Celan, de Rilke, de Eliot, tamén de Hölderlin.

A cuestión metafísica da destrución, desterro e exilio da palabra poética así como a súa refundación úneos con costuras invisibles que acenan tamén a Mallarmé e a Auden ou, entre nós, Valente e Gamoneda. Por iso aquí, como no autor das Elexías de Duíno, o «anxo da garda» baldeira as mans plenas de vida e quítao todo empurrando ao deceso.

Entra neste libro e descubrirás como entre as lapelas da noite, desfragmentándose nunha paisaxe con lámpadas de mesa de noite e pousos de insomnia, o diario de abordo dun poeta voga de limiar en limiar e fai reconto do seu breviario de pasos en falso como astrolabio co que camiñar cara a ti, cara a nós, sempre en zonas de tránsito.

Otros libros del autor