Noticias Volver

NOV
19

Presentación de Antonio Seijas "Os oito mitos de Palermo"

El próximo 19 de noviembre a las 19h contaremos con la presentación del último poemario de Antonio Seijas.

Presentación de Antonio Seijas

O martes 19 de novembro ás 19h contaremos coa presentación do último poemario de Antonio Seijas, “Os oito mitos de Palermo” publicado por Aira editorial.

Para a presentación, estará acompañado por Ángela Seoane, profesora de literatura e por Xulia Díaz, presidenta do Club de Prensa.


Sinopse:

Que nos evocan o nome das cidades míticas? Como se filtran no noso subconsciente as experiencias que vivimos? Como gobernan a nosa rutina os soños que nos fascinan?

Este libro de poemas combina potentes imaxes visuais e un vertixinoso ritmo. Unha ferida literaria profunda. A obra que consolida a Antonio Seijas como autor literario.


Antonio Seijas:

(Ares, 1976) Historiador da Arte, ilustrador, pintor e autor de banda deseñada. Publicou catro novelas gráficas: “Un hombre feliz”, gañadora do Certame Castelao e premio do público ao Mellor Guión no Saló del Cómic de Barcelona; “Cartas de Inverno”, Premio Isaac Díaz Pardo ao Mellor Libro Ilustrado pola Asociación Galega de Editores, “La luz”, nominada a Mellor Obra Nacional en Expocómic e “A chaira”, galardoada co Premio á Mellor Libro de Banda Deseñada do ano na Gala do Libro Galego 2020. Fai traballos de ilustración para literatura infantil e xuvenil, para revistas, xornais… leva feitas dúcias de portadas de libros, capas e libretos de discos para grupos como Marillion, Luar Na Lubre. No 2019 publicou a súa primeira novela xuvenil O Soño da Serpe.


Volver