Noticias Volver

JUN
25

Presentación do poemario de Pura Tejelo

O mércores 25 de xuño ás 19h presentarase o novo poemario de Pura Tejelo.

Presentación do poemario de Pura Tejelo

En "Vestidos de organdí" vaise na procura de respostas sobre o ser, o tempo, a morte ou o significado da vida, Vestidos de organdí mestura referencias e diferentes culturas, mitoloxías e obras literarias con imaxes da nosa cotidianeidade. Válese para iso dunha pluralidade de voces que enfrontan adversidades e cuestionan a natureza da vida, a finitude, a transitoriedade e a inevitábel transformación de todo o que nos rodea.

Pura Tejelo volve mostrar nesta obra a súa linguaxe poética rica, coidada e depurada, cunha forte carga emocional e un efectivo uso de recursos poéticos.


 

Volver