O día 7 de novembro ás 19h presentarase na Central Librera, rúa Dolores, o libro "Os pés na terra".
Que leccións nos deixa o mapa político galego un ano despois das eleccións de 2024? Ten futuro o nacionalismo galego no século XXI, cunha Unión Europea en constante expansión de poderes e competencias?
Que implicacións políticas concretas conleva, máis aló dun certo autogoberno? Apuntará, tendencialmente, cara ao independentismo ou podería integrarse nun modelo federal? Neste breve e lúcido libro, Alexandre Carrodeguas establece unha serie de conversacións co catedrático Antonio-Carlos Pereira Menaut, sempre coa intención de razoar con sensatez e Cos pés na terra. Lonxe da formalidade académica, moitos destes diálogos xorden espontaneamente, compartindo mesa e cervexas con amigos comúns, rememorando o espírito dos faladoiros de Chesterton no “Mooreeffoc” ou as de Tolkien no “Eagle and Child”. O prólogo corre a cargo de Iván Arias, habitual participante nestas enriquecedoras charlas, e o epílogo asínao o recoñecido profesor Miguel Bastos.
Unha lectura esencial para comprender as complexidades da vida política galega contemporáneo. Un libro que analiza a política galega actual desde as eleccións galegas de 2024.