A AGONÍA DO LEÓN

A AGONÍA DO LEÓN. ESPERANZA E TRAXEDIA DOS ESCAPADOS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
HISTORIA MILITAR
ISBN:
978-84-9914-196-1
Páginas:
416
Encuadernación:
Rústica
Colección:
MEMORIA
Disponibilidad:
Descatalogado

25,95 €

O destino de Manuel Girón Bazán foi un dos moitos que se viron alterados en España polo comezo da Guerra Civil en xullo do 1936.
A guerra ía separalo da súa ocupación no campo para convertelo primeiro nun loitador na fronte de Asturias e despois, ao rematar a contenda, nun guerrilleiro antifranquista polo Bierzo, Ourense e o norte de Portugal. Durante os seus quince anos como escapado alumeouse o «mito Girón», co que se agrandou e sublimou a historia dunha vítima máis da guerra, dun home que, a falta de oportunidades de reinserción, foi protagonista dunha longa e azarosa peripecia de fuxida levando até as súas últimas consecuencias un desigual combate contra o franquismo, mesmo cando carecía xa de posibilidades de éxito.
As andanzas de Manuel Girón non son concibibles sen a comarca leonesa na que se agochou durante anos como escapado, La Cabrera, un espazo de montaña por entón case inaccesible que se estende polo noroeste da provincia de León nos seus límites con Zamora e Ourense. A Guerra Civil española sobreviviu neste curruncho esquecido moito despois de 1939. Nesta case «selva» inexpugnable é onde terá lugar A agonía do león, narrada hoxe con grande rigor histórico por Carlos G. Reigosa.
O autor lánzase cara á paisaxe da literatura oral e do país real a peito descuberto, sen morbo e con vocación esclarecedora, sempre tras dos seus personaxes. Así, A agonía do león pode lerse como reportaxe dun tempo de dor, como novela policial, como crónica de horribles sucesos, como episodio bélico, como novela psicolóxica, como crónica de costumes, como socioloxía dunha zona deprimida, como retrato da condición humana nunha situación límite?

Otros libros del autor

  • A SOIDADE DO ASASINO
    Titulo del libro
    A SOIDADE DO ASASINO
    REIGOSA, CARLOS G.
    A dialéctica entre o asasino e a vítima ten moitas máis caras das que imaxinamos. E isto é así porque nesta peza tea...
    Disponible en 5 días

    13,50 €

  • SEGREDOS DE BRETAÑA
    Titulo del libro
    SEGREDOS DE BRETAÑA
    REIGOSA, CARLOS G.
    Herméticos silencios e misterios nunca desvelados sosteñen a paz e o sosego dunha Bretaña galaica. Todo o que sucede...
    RECÍBELO EN 72H

    20,95 €

  • IRMÁN REI ARTUR
    Titulo del libro
    IRMÁN REI ARTUR
    REIGOSA, CARLOS G.
    Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións q...
    RECÍBELO EN 72H

    14,50 €

  • A VITORIA DO PERDEDOR
    Titulo del libro
    A VITORIA DO PERDEDOR
    REIGOSA, CARLOS G.
    Arcadio Macías, perdedor dunha guerra e dunha posguerra, prepara a súa saída de España. Está seguro de que a loita t...
    RECÍBELO EN 72H

    20,95 €

  • A GUERRA DO TABACO
    Titulo del libro
    A GUERRA DO TABACO
    REIGOSA, CARLOS G.
    Don Orlando, o máis veterano dos contrabandistas galegos de tabaco, olla dende o seu castelo de Miraventos a ría que...
    RECÍBELO EN 72H

    22,95 €