IRMÁN REI ARTUR

IRMÁN REI ARTUR. TABOA REDONDA CIFRA DA LIBERACION IRMAN REY ARTHUR

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-8302-606-9
Páginas:
160
Encuadernación:
Rústica
Colección:
XABARIL
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

14,50 €
Comprar

Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúa recreación persoal que Carlos G. Reigosa fai dalgún episodio desde unha nova perspectiva moi libre.
A primeira, ?A tentación de Lanzarote?, presenta ó meirande cabaleiro e o máis amigo de Artur na encrucillada de volver, despois dun ano de aventuras polo mundo, a mergullarse de novo nos seus dous sentimentos en radical conflicto: a paixón por Xenebra e a amizade con Artur.
Se ?A tentación de Lanzarote? libera ó meirande cabaleiro da carga da traición por amor, alumando o perfil máis humano do heroe, o segundo relato, ?Amor de Merlín?, libera ao meigo de quedar para sempre pechado dentro dun penedo por culpa duhna rapaza tarabela e ingrata da que o vello sabio se namorara. Neste xogo de amor serodio Merlín encarna a eterna disputa entre a sabedoría e a felicidade. E como é vello, sabio, meigo e fillo do demo, non debía caer víctima dos seus propios feitizos. El descubriulle as súas artes á moza por amor, pero gardou para si o milagre de renunciar á sabedoría a prol do amor e da felicidade.
Tamén, no último relato, ?A morte do rei Artur? propón unha lectura nova da fin do mítico monarca bretón. Non estaba ben que Artur perdese a derradeira batalla, morto a man do seu fillo Mordred. Por iso Reigosa búscalle un final máis digno e cheo de esperanza. De xeito que Artur, sen o amor e amizade dos que el máis quería (Xenebra, Lanzarote, Galván...), vendo o seu ideal traizoado por culpa da ambición, xa que o mundo de paz e de xustiza que el construira derrúbase nas argalladas da política mentireira, escolle desaparecer con todo aquilo que xustificara a súa vida e agardar tempos mellores para volver e levantalo de novo. E no íntimo desexo do autor, " volverá moi axiña. Porque o mundo cada vez seméllase máis a como era pouco antes de el chegar " .

Otros libros del autor

  • A SOIDADE DO ASASINO
    Titulo del libro
    A SOIDADE DO ASASINO
    REIGOSA, CARLOS G.
    A dialéctica entre o asasino e a vítima ten moitas máis caras das que imaxinamos. E isto é así porque nesta peza tea...
    Disponible en 5 días

    13,50 €

  • SEGREDOS DE BRETAÑA
    Titulo del libro
    SEGREDOS DE BRETAÑA
    REIGOSA, CARLOS G.
    Herméticos silencios e misterios nunca desvelados sosteñen a paz e o sosego dunha Bretaña galaica. Todo o que sucede...
    RECÍBELO EN 72H

    20,95 €

  • A AGONÍA DO LEÓN
    Titulo del libro
    A AGONÍA DO LEÓN
    REIGOSA, CARLOS G.
    O destino de Manuel Girón Bazán foi un dos moitos que se viron alterados en España polo comezo da Guerra Civil en xu...
    Descatalogado

    25,95 €

  • A VITORIA DO PERDEDOR
    Titulo del libro
    A VITORIA DO PERDEDOR
    REIGOSA, CARLOS G.
    Arcadio Macías, perdedor dunha guerra e dunha posguerra, prepara a súa saída de España. Está seguro de que a loita t...
    RECÍBELO EN 72H

    20,95 €

  • A GUERRA DO TABACO
    Titulo del libro
    A GUERRA DO TABACO
    REIGOSA, CARLOS G.
    Don Orlando, o máis veterano dos contrabandistas galegos de tabaco, olla dende o seu castelo de Miraventos a ría que...
    RECÍBELO EN 72H

    22,95 €