A colección Clásicos en galego tenta poñer ao alcance dos lectores aqueles textos que nas distintas literaturas teñen, polos seus valores intrínsecos, a máis alta significación literaria. Deste xeito preténdese someter o galego á presión benéfica da tradución, medio usual para extraer da lingua todas as súas posibilidades expresivas e para engadirlle outras con que recoller as que os séculos descubriron nas grandes obras.