A CRUELDADE DE ABRIL

A CRUELDADE DE ABRIL

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
POLICIACA THRILLER
ISBN:
978-84-9121-338-3
Páginas:
136
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

19,50 €
Comprar

Un incendio nunha casa abandonada. Dous cadáveres. Un home e unha muller sen teito que se refuxiaban na vivenda. Pero a conmoción dura o mesmo ca portada dun xornal. O suceso, un de tantos titulares, cae axiña no esquecemento. Ninguén se concentrará nunha praza pola parella. Ninguén se indignará nun programa de televisión. Ninguén apelará ás nosas conciencias nas redes sociais. Eses mortos, simple estatística, descansarán baixo a alfombra da nosa mesquindade.
Unha novela escura e opresiva, escrita cun desacougante lirismo, sobre a miseria moral que habita en nós. Un rexistro turbador da violencia contemporánea, na súa representación máis sórdida e brutal, sen fuxir dos ángulos en sombra dun realidade desalentadora. Unha inspección precisa da ignominia en curso dos nosos días, relatada sen apartar os ollos do horror. Un relato atravesado por unha estraña e clarividente poesía da crueldade. Os protagonistas coñecen o abismo. Non hai aquí espazo para a esperanza. Só para unha historia salvaxe.

Otros libros del autor

  • O DERRADEIRO GIMLET
    Titulo del libro
    O DERRADEIRO GIMLET
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde....
    En stock

    18,50 €

  • EL ÚLTIMO GIMLET
    Titulo del libro
    EL ÚLTIMO GIMLET
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Suspendido de empleo y sueldo, Amador decide marcharse una temporada de la ciudad con intención de poner la cabeza e...
    En stock

    18,50 €

  • UN ANARQUISTA
    Titulo del libro
    UN ANARQUISTA
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Barcelona, primavera de 1977. Miguel Duarte acaba de chegar á cidade. Ten vinte anos, traballa de camareiro no Nebra...
    RECÍBELO EN 48H

    18,50 €

  • OS SUICIDANTES
    Titulo del libro
    OS SUICIDANTES
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Nunha cidade do futuro, devastada por un réxime económico fóra de control, os individuos son arrastrados cara ao abi...
    RECÍBELO EN 48H

    20,50 €

  • O CERVO E A SOMBRA
    Titulo del libro
    O CERVO E A SOMBRA
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Mateo tenta saír adiante vendendo cocaína e deixándose enredar polos estraños negocios que lle ofrece Silvio, o seu ...
    RECÍBELO EN 48H

    19,50 €