AA.VV
Descuento:
-5%Antes:
Despues:
13,04 €Tes nas túas mans un libro moi especial. Nel agóchanse historias, nomes e soños que axudan a entender por que o galego é unha lingua chea de vida, de emocións e de lembranzas. Este conto lévanos ata a Festa das Letras Galegas, un día no que celebramos as palabras e a xente que as coidou para que hoxe poidamos seguir falándoas, cantándoas e escribíndoas. Da man de Sabela, unha nena curiosa e imaxinativa, irás descubrindo que a nosa lingua non apareceu por casualidade: foi construída con esforzo, valentía e moito amor. Ao longo da historia coñecerás escritoras e escritores que loitaron para que o galego non se perdera, mesmo cando parecía difícil ou imposible usalo libremente.
Este libro quere chamar a túa atención sobre algo moi importante: durante moito tempo, moitas mulleres fixeron cousas extraordinarias, pero non sempre foron recoñecidas. Aquí falamos delas para que non se esquezan, para que saibas que as nenas tamén poden ser poetas, xornalistas, artistas ou todo o que soñen ser.
Os libros poden cambiar o mundo, empezando polo corazón de quen os le. Agardamos que estas páxinas che fagan sentir orgullo de ser quen es, de falar galego e de formar parte dunha terra chea de historias fermosas.
Le este conto con calma, con curiosidade e cun sorriso. Quizais, cando o remates, tamén ti teñas ganas de escribir, de preguntar e de seguir facendo medrar a nosa lingua. Porque o futuro das letras galegas tamén está nas túas mans.