A FRECHA DE DEUS

A FRECHA DE DEUS

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-92866-59-5
Páginas:
332
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Descatalogado

20,00 €

Tradución do inglés de Saleta Fernández

A frecha de Deus é a historia de Ezeulu, o sumo sacerdote do deus Ulu, un home íntegro e cun gran sentido do deber, mais tamén complexo e cheo de ambigüidades internas, que se aferra ao poder que lle foi conferido polo seu pobo e a súa tradición. A súa autoridade, porén, é cada vez máis cuestionada polos seus rivais, polo seu propio pobo e mesmo pola súa familia, no contexto da nova situación creada pola dominación dos colonizadores británicos e dos misioneiros cristiáns, que todo o deturpa.

Cunha prosa elocuente e cristalina, Achebe afonda nesta novela na loita entre a tradición e o cambio, o conflito entre xeracións, a perda da fe, e os límites do poder do individuo nun sistema rexido pola tradición, sempre baixo o influxo da autoridade imposta na Nixeria rural colonial de principios do século XX.

Con este volume, pecha a «Triloxía africana», que converteu a Chinua Achebe en referente esencial da narrativa africana.

O autor

Chinua Achebe foi un novelista, poeta e crítico literario, que naceu no ano 1930 en Ogidi, unha vila de etnia ibo no sueste de Nixeria, e que forma parte da primeira xeración de intelectuais que foron educados na súa patria. Estudou Literatura na Universidade de Ibadan, e traballou durante anos na Radiotelevisión Nixeriana. Exerceu a docencia en varias universidades de Nixeria e os EUA. Traballou como profesor de Literatura no Bard College de Nova York ata o 2009. Faleceu en marzo de 2013. Chinua Achebe, que no ano 2007 recibiu o Man Booker International Prize pola súa carreira literaria, está considerado o pai e fundador da literatura africana moderna e un dos grandes escritores en lingua inglesa do século XX.

Otros libros del autor

  • XA NON HAI ACOUGO
    Titulo del libro
    XA NON HAI ACOUGO
    ACHEBE, CHINUA
    Á súa volta á Nixeria, logo de estudar en Gran Bretaña, Obi Okonkwo intenta seguir os seus nobres ideais e non ceder...
    Descatalogado

    18,00 €

  • UN HOMBRE DEL PUEBLO
    Titulo del libro
    UN HOMBRE DEL PUEBLO
    ACHEBE, CHINUA
    Una novela ácida sobre los mecanismos que someten a todo un país a la violencia y la corrupción institucional. Odili...
    RECÍBELO EN 72H

    12,95 €

  • TODO SE DESMORONA
    Titulo del libro
    TODO SE DESMORONA
    ACHEBE, CHINUA
    La novela poscolonialista por excelencia: una de las grandes obras del siglo XX. La tragedia personal y colectiva de...
    RECÍBELO EN 72H

    12,95 €