MANUEL CAEIRO RODRÍGUEZ(EDITOR)
Este libro ofrece ao profesorado unha guía clara, rigorosa e eminentemente práctica para comprender e integrar a intelixencia artificial xerativa (IAX) na súa actividade docente. Nun contexto no que esta tecnoloxía xa forma parte do ecosistema académico, pois a IAX non é unha moda pasaxeira nin unha simple ferramenta de automatización, senón un cambio profundo e persistente, este manual pretende contribuír a que o profesorado pase da incerteza inicial a un uso consciente, crítico e pedagoxicamente fundamentado da IAX. A presenza da IAX nas aulas obriga a repensar os roles do profesorado e do estudantado nos procesos de ensino-aprendizaxe. A obra diríxese principalmente ao profesorado universitario, pero resultará de interese para o profesorado en xeral pola súa capacidade para explicar como funciona a IAX sen requirir coñecementos técnicos avanzados. Deste xeito, docentes de calquera área e nivel educativo poden comprender con claridade as posibilidades e límites reais da IAX. Sobre esta base, o texto ofrece orientacións concretas sobre como empregar a IAX no deseño de actividades, na creación de materia