A NETA DO SEÑOR LINH

A NETA DO SEÑOR LINH. TR. ISABEL GARCIA FERNANDEZ

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
ISBN:
978-84-92866-05-2
Páginas:
124
Encuadernación:
Rústica
Colección:
CONTEMPORANE
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

14,00 €
Comprar



Tradución do francés de Isabel García Fernández

Dúas soidades que se xuntan. Un vello, o señor Linh, que abandona o seu país fuxindo da guerra e levando nos brazos a súa neta, único motivo polo que viaxa cara a unha terra hostil da que descoñece a lingua e os costumes. E un home só, o señor Bark, que vive decote sumido nas súas lembranzas. O día a día do protagonista mostra unha experiencia de soidade, desarraigo e illamento, unha realidade crúa, pero é tamén un canto á tolerancia, ao respecto e á esperanza a través da amizade.

O autor

Philippe Claudel naceu en 1962 en Dombasle-sur-Meuthe (Francia). No seu labor como docente, impartiu clases no ensino secundario e superior e tamén no cárcere. É autor de varias novelas, pero entre as súas obras figuran tamén relatos, guións de cine e televisión, ensaios e teatro. Entre outros galardóns, recibiu o premio Renaudot pola novela As almas grises e o Premio Goncourt des Lycéens por O informe Brodeck. É guionista e director da película Hai moito tempo que te quero, que obtivo o Cesar á mellor ópera prima no ano 2009.