ALFONSO R. CASTELAO. A FORXA DUN MITO

ALFONSO R. CASTELAO. A FORXA DUN MITO

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
CLÁSICA
ISBN:
978-84-9151-741-2
Páginas:
206
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

19,00 €
Comprar

Realízase un rápido percorrido pola traxectoria vital de Castelao situándoa no seu marco histórico, ofrécese unha concisa recensión das súas obras máis significativas e bosquéxase unha síntese das principais liñas do seu pensamento.
Con este traballo, Henrique Monteagudo aspira a contribuír ao reforzamento da memoria colectiva da cidadanía galega mediante a divulgación do coñecemento dunha figura central na nosa historia contemporánea, en campos tan diversos como o pensamento, a política, as artes plásticas, a literatura e a defensa e ilustración do idioma. Ao tempo, ponse de vulto a súa achega fundamental á forxa de Galicia como nación, á reivindicación do seu autogoberno e dos intereses das clases populares, ao desenvolvemento da súa cultura nun paradigma de normalidade e modernidade e á configuración dun imaxinario colectivo, dunha identidade propia, amplamente partillada polo conxunto do país. A vida e a obra de Castelao, indisolublemente ligadas, fixeron del un mito popular que comezou a forxarse en vida, especialmente durante os durísimos anos do seu exilio, nas comunidades galegas da diáspora americana.

Otros libros del autor

  • GALIZA MATER, RAÍZ ANTERGA
    Titulo del libro
    GALIZA MATER, RAÍZ ANTERGA
    MONTEAGUDO, HENRIQUE
    "Á Galiza de sempre, raíz anterga da nosa cultura, adico afervoadamente iste libro". Velaí a dedicatoria que Manuel ...
    RECÍBELO EN 48H

    17,80 €

  • A ESTANDARIZACIÓN DAS LINGUAS DA PENÍNSULA IBÉRICA
    Titulo del libro
    A ESTANDARIZACIÓN DAS LINGUAS DA PENÍNSULA IBÉRICA
    MONTEAGUDO, HENRIQUE
    Os traballos que se recollen no volume ofrecen un estado da cuestión da estandarización, os seus problemas e as súas...
    RECIBELO EN 48H

    18,00 €

  • SEMENTAR OS ARES NOVOS
    Titulo del libro
    SEMENTAR OS ARES NOVOS
    MONTEAGUDO, HENRIQUE
    O ano 2013 cúmprese o centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego e o octoxésimo aniversario do discurs...
    Consulte previamente la disponibilidad

    10,00 €

  • IDIOMA GALEGO BAIXO O FRANQUISMO, O. DA RESISTENCIA A NORMA
    Titulo del libro
    IDIOMA GALEGO BAIXO O FRANQUISMO, O. DA RESISTENCIA A NORMA
    MONTEAGUDO, HENRIQUE
    Esta obra, continuación da Historia social da lingua galega, ofrece unha aproximación de conxunto ao período franqui...
    RECÍBELO EN 48H

    30,80 €

  • HISTORIA SOCIAL DA LINGUA GALEGA
    Titulo del libro
    HISTORIA SOCIAL DA LINGUA GALEGA
    MONTEAGUDO, HENRIQUE
    Fundamentado nun sólido marco conceptual e metodolóxico que cuestina tópicos e doutrinarismos, este libro constitúe ...
    Agotado

    28,95 €