AMANCIO AMIGO E O MEIGO DE SALAMANCA

AMANCIO AMIGO E O MEIGO DE SALAMANCA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-9782-484-2
Páginas:
128
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

11,95 €

Amancio Amigo, o rapaz protagonista desta novela, é un mozo do Courel que estuda en Salamanca. Está namorado da Susana, a filla do cacique. Pero Amancio é pobre e poeta. Unha tarde, co seu amigo Ze Escolarão visita a un taxidermista que vive na rúa da Bufarda, 666. Na fachada da casa enxérgase unha gárgola que representa a un demo botando a lingua. Os rapaces beben do viño que lles ofrecen e a partir dese momento deciden estudar para meigos nas covas de Salamanca. Para non verse obrigado a ficar como criado dos demos, o noso amigo ten que se enfrontar co terrible Meigo de Salamanca e cos seus axudantes, o profesor de informática Faustino Prósper, a Man Peluda, o robot diabólico e o Mestre Lionardo, un macho cabrún que sabe transformarse e botar o mal de ollo. Amancio ten que superar probas imposibles e para fuxir transfórmase nunha moto. Pero o terrible meigo convértese en motorista...
Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca é a primeira entrega da serie de novelas de maxia, escritas por Xosé Miranda e ilustradas por Patricia Castelao, protagonizadas por Amancio Amigo. Este destemido estudante de maxia será capaz de desaparecer e transformarse en obxectos e animais, vive apaixonantes aventuras, onde na liña da mellor literatura fantástica non falta o amor, nin a lealtade nin a necesidade de superar as máis arriscadas probas. Proximamente aparecerá o segundo volume da serie titulado: Amancio Amigo e o demo da botella. Unha serie dirixida a lectores de once anos en diante.

Otros libros del autor

  • PEL DE LOBO
    Titulo del libro
    PEL DE LOBO
    MIRANDA, XOSÉ
    Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos....
    RECÍBELO EN 72H

    13,50 €

  • VESTIO
    Titulo del libro
    VESTIO
    MIRANDA, XOSÉ
    A doutora Eva García, destinada no remoto lugar de Viana das Veigas, atópase cun cadáver sen rostro e coas mans esma...
    Disponible en 5 días

    14,50 €

  • MORNING STAR
    Titulo del libro
    MORNING STAR
    MIRANDA, XOSÉ
    Morning Star é unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas...
    RECÍBELO EN 72H

    19,50 €

  • A BIBLIOTECA DA IGUANA
    Titulo del libro
    A BIBLIOTECA DA IGUANA
    MIRANDA, XOSÉ
    Este primeiro libro de contos de Xosé Miranda, agora reeditado, revisado e actualizado polo autor, recolle oito peza...
    Descatalogado

    16,85 €

  • ARIADNA
    Titulo del libro
    ARIADNA
    MIRANDA, XOSÉ
    Adriana e Ariadna son dúas irmás xemelgas que chegan ata o Vello Planeta nunha viaxe turística, gracias a que foran ...
    Descatalogado

    12,30 €