Descuento:
-5%Antes:
Despues:
4,75 €Inauguramos a colección Vermello, de textos clásicos do Socialismo Libertario traducidos ao galego, coa definición de Anarquismo redatada por Piotr Kropotkin en 1910 por encargo da Encyclopædia Britannica.
O príncipe anarquista desprega neste breve texto unha prosa sinxela coa que pretende achegar a Idea a un público amplo e heteroxéneo, sen por
iso renunciar á complexidade que unha abordaxe histórica e filosófica do termo require.
A que presentamos é unha edición anotada por Fernando Pérez que aporta contexto histórico a moitas das referencias das que o anarquista ruso fai uso.